Procedemento para insertar as actividades H5P
Requisitos do completado
Actividades H5P no banco de contidos.
Despois de crear as actividades H5P, a próxima vez que visitemos o banco de contidos podemos ver que están almacenadas e dispoñibles para o seu uso.

Insertar unha actividade H5P desde o banco de contidos
Para inserir unha actividade H5P que xa temos creada no banco de contidos, debemos inserir esta actividade como ficheiro.
En primeiro lugar, escollemos a opción "Engadir unha actividade ou un recurso" e a continuación seleccionamos a opción "Ficheiro".

O seguinte paso será facer clic sobre a icona "Ficheiros" e escoller o menú titulado "Content bank". Dentro da sección "Content bank" (Banco de contidos) podemos atopar todos os contidos de tipo H5P que teñamos creado anteriormente.

O último paso será facer clic sobre o ficheiro do contido que desexemos incorporar.
Última modificación: mércores, 1 de outubro de 2025, 11:31 AM
