Como crear unha actividade H5P
A ferramenta interactiva H5P
H5P é a abreviatura de "HTML5 Package".
A ferramenta interactiva H5P é unha utilidade integrada no EVA online E-Dixgal que permite crear unha gran variedade de contidos interactivos como xogos, presentacións, vídeos interactivos, etc ..., así como tamén permite incorporar diferentes tipos de avaliacións para este tipo de actividades.
Como engadir unha actividade H5P
En primeiro lugar, activamos a edición
(botón
"
Activar Edición").

A continuación facemos clic sobre o enlace "Engadir unha actividade ou recurso" no tema ou sección onde desexamos inserir esta nova actividade H5P.

As actividades de tipo H5P están localizadas no "Banco de contidos", o seguinte paso será facer clic e abrirase unha nova xanela para seleccionar a actividade concreta que desexamos inserir.

O Banco de contidos ábrese nunha nova xanela, onde podemos seleccionar, crear e editar os contidos H5P. Tamén podemos subir contidos xa feitos ou seleccionar calquera dos que xa temos gradados previamente neste Banco de contidos.

No despregable que se nos mostra, seleccionamos o tipo de actividade H5P co que desexamos traballar e finalmente só nos queda configurar e introducir os datos necesarios que nos pide a actividade que acabamos de seleccionar.
