Xestionar o deseño

O presentador ten a posibilidade de escoller a configuración visual dos distintos elementos da videoconferencia para el mesmo e para todos os usuarios. Para acceder a esta posibilidade deberá pulsar no botón de accións e escoller a opción "Xestionar o deseño".

13_01.png


Terá dispoñibles varias opcións. Marcando calquera delas e premendo no botón "Actualizar" cambiará a súa propia configuración visual. Pulsando no botón "Actualizar a todos" forzará o cambio da configuración visual para todos os usuarios.

13_02.png


No caso de que o presentador escolla para todos a opción "Personalizado", posibilitará que os demais usuarios podan cambiar a disposición do bloque de  imaxes das cámaras con respecto da presentación. Para facelo, deberán arrastrar as imaxes cara á zona desexada. É posible facelo colocalas encima, debaixo, á esquerda e á dereita da presentación. Este cambio é individual, unicamente lle afectará ao usuario en cuestión.


13_03.png

13_04.png









Última modificación: mércores, 1 de outubro de 2025, 11:03 AM