Activar temporizador/cronómetro

Pode activarse o temporizador/cronómetro que permita ter visible o tempo que queda dispoñible ou o que se leva empregado na propia videoconferencia ou con relación a algunha tarefa. Para iso, unicamente compre pulsar o botón de accións e escoller a opción "Activar o temporizador/cronómetro".

12_01.png


Automaticamente, no panel despregable secundario aparecerá un cronómetro á espera de que se pulse no botón "Comezar".

12_02.png

 

Outra posibilidade é pulsar no botón "Temporizador", que dará paso á configuración do mesmo e á posibilidade de pulsar o botón "Comezar" para que se poña en marcha a conta atrás.

12_03.png


O cronómetro/temporizador estará visible no panel despregable secundario incluso se o detemos. Se queremos retiralo do panel deberemos pulsar no botón de accións e escoller a opción "Desactivar o temporizador/cronómetro"

12_04.png


Última modificación: mércores, 1 de outubro de 2025, 11:02 AM