Seleccionar un usuario ao chou
Requisitos do completado
Seleccionar un usuario ao chou
BigBlueButton permítelle ao presentador a selección dun usuario ao chou para realizar algunha actividade ou asignarlle algunha función. Para o que unicamente haberá que pulsar no botón de accións e escoller a opción "Seleccionar un usuario ao chou".

Automaticamente se seleccionará un usuario. A todos os usuarios apareceralles na pantalla unha mensaxe informativa respecto de quen foi o usuario seleccionado salvo ao interesado, que recibirá a mensaxe indica "Vde. foi seleccionado ao chou".

Última modificación: mércores, 1 de outubro de 2025, 10:59 AM
