Compartir un vídeo externo

O presentador pode presentar un vídeo externo para compartir cos demais participantes. Para facelo debe picar sobre o botón de accións.


A continuación ábrese un cadro onde indicar a URL (o enderezo) do vídeo en internet, que pode ser de Vimeo, Youtube, Instructure, Twictch ou Daily Motion.

10_01.png

   

Compartindo un vídeo a través desta opción de BigBlueButton o presentador pode controlar a reprodución do mesmo, iniciando, detendo, reiniciando etc. segundo o seu criterio.

Desta maneira pode ir comentando, resaltando ou aclarando o contido audiovisual de xeito dirixido dado que tamén a imaxe da súa cámara e o son do seu micrófono emítense simultaneamente.

       

10_02.png


Cando o presentador considere que xa non é necesario o vídeo, deberá pulsar novamente o botón de accións e escoller a opción "Deixar de compartir o vídeo externo".

10_03.png



Última modificación: mércores, 1 de outubro de 2025, 10:57 AM