Enquisas: a ferramenta de enquisas

Ao longo dunha xuntanza o profesor pode ter interese en recoller opinións ou respostas de maneira informal do seu alumnado. Resultaría pouco práctico facelo oralmente dado que a concorrencia de moitos participantes falando simultaneamente adoita ser inintelixible. É aconsellable, ademais, que os espectadores manteñan os seus micros pechados en tanto non precisen falar. 

Por eses motivos, BBB conta cunha ferramenta denominada enquisa que permite obter as respostas dos participantes de xeito rápido, sinxelo e sen activar o son. 

A configuración da enquisa non permite establecer a pregunta que se quere facer, polo que debemos facela previamente por outro medio: ben de xeito oral ou ben visualizala desde a presentación activa da videoconferencia ou desde a pantalla ou ventá compartida. 

Os alumnos recibirán nas súas pantallas un aviso para responder segundo as opcións de resposta configuradas na enquisa. 

Para iniciar a enquisa pulsamos o botón de accións e alí a opción " Iniciar unha enquisa".      


05_01.png

   

Automaticamente, no panel secundario, á dereita do menú de usuarios, se desprega a información da enquisa. 

Por defecto, os tipos de resposta preconfigurados son: 

  • Verdadeiro/Falso
  • A/B/C/D
  • Si/Non/Abstención
  • Resposta escrita

A maiores, na parte superior existe o selector "Enquisa personalizada" para que poidamos crear as nosas propias respostas, distintas das que se nos presentan inicialmente como preconfiguradas.

  

05_02.png


No primeiro recadro, de xeito opcional, podemos escribir unha pregunta ilustrativa da enquisa.

Na parte inferior, temos que escoller o tipo de enquisa que desexamos facer.

05_03_04.png


Segundo o tipo de enquisa (3) que escollamos (no exemplo A/B/C/D) , deberemos cumprimentar os elementos correspondentes (4) e, finalmente, establecer o selector (5) segundo o que se precisa para que a enquisa sexa anónima ou non.

05_05.png


Unha vez escollidas as opcións que se adaptan á nosa consulta, automaticamente tódolos espectadores reciben a solicitude para escoller a opción de resposta.

O profesor pode observar en tempo real as respostas totalizadas segundo as opcións.

O profesor pode decidir "Publicar os resultados da enquisa" co que quedará visible aos espectadores unha táboa co número e as porcentaxes das distintas opcións.


05_06.png

Última modificación: mércores, 1 de outubro de 2025, 10:56 AM