Compartir unha presentación
Requisitos do completado
Compartir unha presentación
Inicialmente, unicamente hai dispoñible unha presentación por defecto, pero é posible subir e empregar presentacións propias. Pode ser calquera presentación ou documento que teñamos preparado para a impartición dunha clase. Podemos subir unha presentación en calquera momento durante a videoconferencia. Se queremos subila previamente, deberemos lanzar a videoconferencia antes de que accedan outros usuarios e subir a ou as presentacións que desexemos ter dispoñibles. Logo podemos saír da videoconferencia e, cando volvamos a lanzala xa teremos dispoñibles as presentacións subidas.
Mediante o uso do botón de accións accédese a un menú despregable que inclúe a opción "Subir unha presentación". Na pantalla que se abre, pódese:
- Enviar novos documentos (Recomendable PDF aínda que admite imaxes, textos, follas de cálculo, etc).
- Seleccionar o documento que se vai utilizar en cada momento entre os subidos.
- Definir cada documento como descargable ou non para os participantes.
- Eliminar documentos.

Última modificación: mércores, 1 de outubro de 2025, 10:52 AM
