Notas compartidas entre os participantes

Ademais das parolas, no panel lateral esquerdo pódese seleccionar a opción de "Notas compartidas".

08_01.png


Esta opción permítenos realizar anotacións nunha zona común de xeito colaborativo. Para iso conta cunha pequena ferramenta de editor de texto que permite sinxelas configuracións dos formatos. Todos os usuarios poden facer modificacións nestas notas compartidas sempre que o moderador non lles teña bloqueada esa función. 

Ao rematar a xuntanza ou en calquera momento intermedio, é posible facer descargas do contido das notas en distintos formatos de arquivo, utilizando o botón "Exportar a diferentes formatos de archivos". 

Ese arquivo pode ser de utilidade como referencia para o profesorado e o alumnado sobre a sesión actual e pode ser interesante, incluso, subilo ao propio curso para posteriores consultas. 

  

08_02.png


Última modificación: mércores, 1 de outubro de 2025, 10:48 AM