Parolas: uso do chat durante a sesión

Durante a xuntanza os participantes poden propoñer cuestións, debater ou indicar problemas sen interromper a marcha da mesma. Para este fin pódense empregar parolas (chats) públicos aos que teñen acceso tódolos participantes, ou privadas entre dous participantes. 

   

- Parola pública

O panel esquerdo permite seleccionar, entre outras opcións a parola pública na que participan todos os asistentes. A continuación do panel esquerdo aparece a parola en si. Ao inicio vese a mensaxe de benvida configurada ao crear a sala e a continuación as distintas mensaxes dos participantes. Cada un deles pode escribir na caixa situada ao fondo da mesma para enviar unha mensaxe.

       

07_01.png


- Parola privada

Ademais da parola pública, o profesor pode manter conversas privadas con usuarios específicos. Basta con facer clic sobre o seu nome e seleccionar a opción correspondente no menú emerxente "Iniciar a parola privada".

  

07_02.png

Última modificación: mércores, 1 de outubro de 2025, 10:46 AM