Creación dunha videoconferencia
Requisitos do completado
Creación dunha actividade BigBlueButton
Para crear unha actividade de videoconferencia procedemos como para engadir calquera outro tipo de actividade ou recurso. Primeiramente deberemos ter activada a edición para que nos permita facer modificacións na materia.
A continuación, buscaremos o tema ou sección onde a queremos incluír segundo o uso que lle imos dar.- Podemos ter unha única actividade de BBB (sesión ou sala) que utilizaremos cantas veces sexan precisas ao longo do ano. Nese caso, a mellor opción será engadir esta actividade na sección Xeral do encabezamento.
- Podemos crear distintas sesións/salas para distintas semanas ou temas. Nese caso podemos engadir esta actividade no(s) tema(s) un sección(s) que desexemos.
Pulsamos a opción "+ Engadir unha actividade ou recurso" escollendo o tipo de actividade "BigBlueButton" na ventá emerxente.


A continuación cubriremos os datos principais da configuración da sesión:
- Tipo de
instancia: aínda que o valor por defecto é "Sala/actividade con gravacións", en realidade non será posible gravar a sesión.
- Axustes xerais.
- Nome da aula virtual: título descritivo para identificala, tendo especial esmero no caso de ter múltiples sesións dentro do mesmo curso. - Axustes de actividade/sección:
- Mensaxe de benvida: para personalizar a mensaxe que BBB presenta por defecto ao acceder á sesión.
- Agardar polo moderador: de estar activada esta opción o alumnado non poden acceder á sala/sesión en tanto un moderador (normalmente o profesor) non estea presente.
- Vista de gravación: non é posible editar ningún axuste.
- Bloquear os axustes: estas opcións de configuración son as que se poden establecer por defecto, pero todas elas poden ser modificadas polo moderador (creador da sala) en calquera momento, tamén durante a videconferencia.
- Desactivar cámaras web: restrinxe a capacidade dos participantes para activar as súas webcams.
- Desactivar micrófonos: restrinxe a capacidade dos participantes para activar os seus micrófonos.
- Desactivar as conversas privadas: limita a capacidade dos participantes para utilizar o chat para enviar mensaxes privadas a outros participantes, excepto para as mensaxes da parte privada co moderador. Aínda que a parola privada estea bloqueada, todos os participantes poden ver e responder ás parolas privadas do moderador.
- Desactivar as conversas públicas: limita a capacidade dos participantes para utilizar a parola pública.
- Desactivar as notas compartidas: restrinxe a capacidade dos participantes para ver e compartir notas.
- Agochar a lista de usuarios: permítenos impedir que os participantes poidan ver a lista dos usuarios na sesión, de maneira que só poderán ver o seu propio usuario e mais o usuario do moderador. - Rol asignado durante a sesión en directo: esta opción permítenos xestionar o rol que empregarán os usuarios matriculados na sesión e o usuario que exercerá como moderador.
- Horario da sesión: asigna unha data e hora de inicio e remate da sesión. De facelo, esa información quedará recollida no calendario
do curso. Mentres non se cumpra a hora de inicio ninguén poderá iniciar sesión, nin siquiera o propio moderador poderá iniciar a sesión.
Despois de engadir e realizar a configuración da sesión, podemos ver que esta actividade móstrase dispoñible dentro do tema onde a engadimos.

Última modificación: mércores, 1 de outubro de 2025, 9:18 AM
