Serpes e escaleiras
Serpes e escaleiras

Se o/a alumno/a está na cela das escaleiras e a resposta é correcta, despŕazase á parte superior. Se está na cabeza da serpe e a resposta é errada irá cara atrás. É semellante ao xogo da oca.
Consideracións previas
Funciona con Glosario, Preguntas e Cuestionario.
Pasos para crear o xogo Serpes e escaleiras

- Actívase a edición.
- Engádese unha actividade ou recurso.
- Elíxese a opción de Serpes e escaleiras.
- Prémese en engadir.
Xeral
Ponse o nome ao xogo.
Elíxese a orixe das preguntas: glosario, preguntas ou cuestionario. Lembrar que se se elixe a opción de cuestionario este debe ter preguntas tipo curto.
Na opción de seleccionar un glosario, se este esta estruturado por categorías poderíase elixir unha delas.
Seleccionar unha categoría de preguntas, actívase cando se elixe a opción de preguntas e permite acceder ao banco de preguntas do curso.
Selección cuestionario: permite elixir entre os cuestionarios elaborados.
Número máximo de intentos: pódese poñer un número máximo de intentos.
