O aforcado
Aforcado
Este xogo obtén as palabras dun Glosario de preguntas de resposta curta ou dun cuestionario e xera un enigma onde debemos de ir acertando as letras que contén dita palabra.
Consideración previas
Funciona con Glosario, Preguntas e Cuestionario.
A creación do glosario ten que ter as seguintes opcións: Glosario principal e en aparencia simple, estilo dicionario.
Creación do cuestionario: so debe conter preguntas de resposta curta.

Pasos para crear un xogo do aforcado
- Actívase a edición.
- Engádese unha actividade ou recurso.
- Elíxese a opción de " O Aforcado".
- Prémese en engadir.
Xeral
Ponse o nome ao xogo
Elíxese a orixe das preguntas: glosario, preguntas ou cuestionario, cómpre lembrar que se se elixe a opción de cuestionario debe ter preguntas de tipo curto.
Na opción de seleccionar un glosario, se está estruturado por categorías poderíase elixir unha delas.
Seleccionar unha categoría de preguntas, actívase cando se elixe a opción de preguntas, permite acceder ao banco de preguntas do curso.
Incluír subcategorías: permite elixir subcategorías se existiran.
Seleccionar cuestionario: permite elixir entre os cuestionarios que hai elaborados.
Numero máximo de intentos: pódese poñer un numero máximo de intentos.
Opcións do xogo
- Número de palabras por xogo: indícase cantas palabras hai que acertar para rematar o xogo.
- Mostrar a primeira letra do aforcado: permite mostrar a primeira letra da palabra.
- Mostrar a última letra do aforcado: mostra a derradeira letra da palabra.
- Permitir espazos nas palabras: permite elixir se as palabras poden ter espazos en branco.
- Permitir o símbolo (-) nas palabras: Permite usar o guión (-) como parte das palabras.
- Número máximo de erros : permite elixir o número de erros que se poden ter ata o final do aforcamento. Para que funcione deben existir dentro da carpeta do moodle mod/xogo/pix/hangman/1 imaxes cos nomes de hangman_0, hangman_1, hangman_2 etc
- Mostrar as preguntas?: de elixir esta opción aparecerá algunha indicación sobre a palabra que hai que acertar.
- Mostrar a resposta correcta ao remate: elíxese esta opción se se desexa que se mostre a resposta ao final.
- Idioma das palabras: é posible elixir o idioma no que están as palabras.
