Sopa de letras (Cryptex)

Sopa de letras

Xogo que consiste en atopar determinadas palabras extraídas dun glosario, de preguntas de resposta curta ou dun cuestionario.

Estas palabras deberán estar incluídas dentro da sopa de letras xerada e unha vez se contesten aparecerán dentro da sopa de letras en cor vermella.

Consideración previas

Funciona con Glosario, Preguntas e Cuestionario.

Preguntas. Funciona cos seguintes tipos de preguntas: verdadeiro falso, resposta curta e opción múltiple.

      

Pasos para crear un xogo Sopa de Letras

  


  

  1. Actívase a edición.
  2. Engádese unha actividade ou recurso.
  3. Elíxese a opción de Cryptex.
  4. Prémese en engadir.

     

Xeral

Ponse o nome ao xogo.

Elíxese a orixe das preguntas: glosario, preguntas ou cuestionario. Lembrar que se se elixe a opción de cuestionario este debe ter preguntas de tipo curto.

Na opción de seleccionar un glosario, se este está estruturado por categorías poderíase elixir unha delas.

Seleccionar unha categoría de preguntas, actívase cando se elixe a opción de preguntas, permite acceder ao banco de preguntas do curso.

Incluír subcategorías: permite elixir subcategorías, se existisen.

Selección cuestionario: permite elixir entre os cuestionarios elaborados.

Número máximo de intentos: pódese poñer un número máximo de intentos.

     

Última modificación: luns, 29 de setembro de 2025, 6:47 PM