Bolsa de recursos
Para que serve a bolsa de recursos
A bolsa de recursos é un bloque que pode ser incorporado nas materias do EVA por parte do profesorado e que permite trasladar unha copia de calquera dos recursos desde unha materia a outra.
Basicamente, trátase dunha especie de "contedor temporal" onde o profesorado pode introducir unha copia dos recursos que desexe trasladar dunha materia a outra.
Como funciona a bolsa de recursos
En primeiro lugar, o profesorado debe incorporar o bloque "Bolsa de recursos" nas materias de orixe e destino dos recursos que desexe trasladar.
Entra na materia de orixe (onde está
o recurso que queres trasladar) e pulsa o botón "Modo de edición"
Pulsa sobre a opción "Engadir un bloque".
Selecciona o bloque titulado "Bolsa de recursos". Debe realizar este mesmo procedemento na(s) materia(s)
de destino onde queira incluír unha copia dos recursos seleccionados na materia de orixe.
Deste xeito, o bloque "Bolsa de recursos" xa estará visible e dispoñible nas nosas materias.

Despois de engadir o bloque "Bolsa de recursos", tanto na(s) materia(s) de orixe como na(s) materia(s) de destino, podemos inserir nesta bolsa todos os recursos que desexemos pulsando sobre a icona
que atoparemos na parte dereita de cada recurso.


Como recuperamos os recursos desde a bolsa de recursos
Cando os recursos xa están na "Bolsa de recursos", resulta moi sinxelo engadilos noutra materia, noutro tema ou noutro curso.
Simplemente deberemos pulsar sobre a icona "Engadir á materia"
que corresponda ao recurso que desexemos e a continuación veremos que se nos activan diversas áreas de inserción de contidos en todos os temas ("Seccións") dispoñibles.
Finalmente, só temos que seleccionar (facendo clic) a zona, tema ou sección onde queremos inserir o recurso.


Tamén podemos engadir á bolsa de recursos un tema completo (unha "Sección" enteira) , utilizando o botón "Copiar sección" que se mostra dentro do propio bloque "Bolsa de recursos".
| Recomendación: Recoméndase baleirar a "Bolsa de recursos" despois de utilizala, é dicir, borrar da bolsa aqueles recursos que xa trasladamos a outro sitio. Non aporta ningunha utilidade almacenar indefinidamente moitos recursos nesta bolsa, xa que esta funcionalidade está pensada como un "almacén temporal" de contidos. |
