Restaurar unha copia de seguridade
Como se restaura unha copia de seguridade
Despois de pulsar sobre a opción "Restaurar", a primeira pantalla que aparece pídenos que subamos á plataforma o ficheiro que contén a nosa copia de seguridade. Este ficheiro debe ter o formato correcto e a extensión ".mbz".

Despois de subir o ficheiro, na seguinte pantalla preséntanos un resumen dos elementos (recursos, contidos, actividades, ...) que contén esa copia de seguridade, indicando ademais os detalles de cada elemento.

O seguinte paso será seleccionar algunha destas 3 opcións:
- Restaurar como materia nova.
- Restaurar nesta materia.
- Restaurar nunha materia existente.
![]() |
![]() |
![]() |
Despois de seleccionar unha das opcións anteriores, móstranse unha serie de pantallas onde se nos informa do contido da copia de seguridade que estamos a punto de restaurar. Aceptaremos todas esas pantallas informativas e finalmente a aplicación móstranos unha conta atrás, de maneira que ao finalizar comenzará automaticamente a restauración.
O tempo desta conta atrás dependerá da saturación que exista na plataforma, pero normalmente non é superior a uns poucos minutos ou incluso uns poucos segundos.

En calquera caso, cando a petición de restauración xa foi lanzada o procedemento pasa a ser totalmente automatizado (en modo desatendido para o usuario), polo que o usuario (sempre será un profesor/a) poderá pechar esta pantalla se non desexa esperar a que remate a conta atrás.
Independentemente do tempo que tarde a restauración, o/a profesor/a sempre recibirá un aviso no seu correo electrónico corporativo (@edu.xunta.gal) indicando cando rematou a restauración. Ademais, se o usuario decidiu esperar a que rematase a conta atrás, poderá ver un aviso no que lle informa da finalización da restauración.




