Administrar colaboradores do proxecto

Podemos engadir colaboradores a un proxecto, a un contido ou a un exercicio. Os nosos colaboradores poderán editar o proxecto, contido ou exercicio coma se fosen os propietarios do mesmo. A continuación móstrase como se engaden colaboradores a un proxecto, o proceso é exactamente o mesmo para os contidos e exercicios.

Desde a listaxe de proxectos imos ao proxecto que queremos converter en colaborativo e pulsamos sobre a icona editar (lapis).


No formulario que nos aparece a continuación imos ao botón opcións e no despregable que aparece facemos clic en Administrar colaboradores.


A continuación no formulario hai dúas listaxes, á dereita a listaxe de todos os profesores da plataforma e á esquerda a listaxe dos profesores/as que están a colaborar neste proxecto. Nesta caso aínda non hai seleccionado ninguén.

O entorno colaborativo

Seleccionamos o/a profesor/a que queremos que engadir como colaborador e pulsamos o botón Engadir.

O entorno colaborativo

Agora na columna de colaboradores xa aparece o/a profesor/a que acabamos de engadir.

O entorno colaborativo

Desde este momento ao/á profesor/a que acabamos de engadir a colaboradores do proxecto apareceralle na sección de proxectos nos que colaboro este proxecto.

Para acceder á sección de proxectos nos que colaboras nos filtros da listaxe de proxectos debemos cambiar o combo Ámbito a Proxectos nos que colaboro. Desde ferramentas de autor > Proxectos e facer clic no botón filtrar.


Na listaxe de proxectos agora aparecerannos os proxectos nos que somos colaboradores.

Última modificación: luns, 29 de setembro de 2025, 2:18 PM