Copias de seguridade
Pódense crear copias de seguridade tanto de proxectos como de contidos e exercicios. No momento no que creamos a copia de seguridade créase unha copia exacta de como está o proxecto, contido ou exercicio nese momento. Poderemos restaurar a copia cando o desexemos. Este proceso restablecerá o proxecto, o contido ou o exercicio a como se atopaba no momento de facer a copia sobrescribindo o actual.
Realizar unha copia de seguridade
No seguinte exemplo imos realizar a copia de seguridade dun proxecto.
Este proceso é exactamente o mesmo para os contidos e exercicios. Para acceder á copia de seguridade temos que entrar na edición dun proxecto, para isto imos á listaxe de proxectos e pulsamos sobre a icona de editar o proxecto (lapis) do cal queremos facer a copia de seguridade.

Dentro do proxecto imos ao menú de opcións e facemos clic na opción “Crear copia de seguridade”.

Isto ábrenos unha nova xanela onde nos pregunta se queremos facer a copia de seguridade. Facemos clic no botón Gardar os cambios.

Restaurar unha copia de seguridade
Para acceder ás copias de seguridade que temos creadas imos ao menú Ferramenta autor > Copias se seguridade > Proxectos. En Ferramenta autor > Copias se seguridade tamén temos as copias de seguridade dos contidos e exercicios.

Isto lévanos a unha listaxe onde se ven todas as copias de seguridade que temos creadas.

Aquí temos dúas opcións:
Restaurar copia de seguridade: restaura a copia de seguridade seleccionada.
Eliminar: borra a copia de seguridade seleccionada.
Para restaurar unha copia de seguridade facemos clic no botón Restaurar copia de seguridade
. Isto lévanos a unha xanela onde nos pregunta se estamos seguros que desexamos restablecer a copia de seguridade. Se o proxecto ten exercicios asociados tamén temos a opción de restauralos.
Se os exercicios foron modificados posteriormente á copia de seguridade e dicímoslle que tamén queremos restaurar os exercicios asociados ao proxecto, sobrescribiranse os exercicios e restableceraos ao estado no momento da copia.

Unha vez restaurado o proxecto, lévanos á edición do propio proxecto restaurado.

