Este menú permite acceder ás funcionalidades necesarias para xerar, modificar ou eliminar 19 tipos de exercicios. Os exercicios consisten nunha práctica que serve para adquirir uns coñecementos ou desenvolver unha habilidade por parte do alumnado ao que van dirixidos.

Os exercicios deben estar dotados de dinamismo para que o alumnado poña neles toda a súa atención e a aprendizaxe resulte un éxito. Sempre deben terse en conta as mesmas pautas: as presentacións deben ser atractivas, amenas, informativas e sobre todo dinámicas.O seu uso debe ser sinxelo e por tanto de fácil comprensión.

Entre as 19 posibles opcións de exercicios podemos realizar unha clasificación inicial:

  • Exercicios avaliables: actividades simples que permiten obter unha puntuación que valora o grado de coñecementos adquiridos.
  • Contidos interactivos: mediante diversos elementos, permítese a interacción do alumnado cos contidos de maneira diferente. É un modo de presentación que poderá conter imaxes, texto, son e outros exercicios avaliables, seguindo un patrón orixinal e creativo. Os exercicios interactivos baséanse no diálogo entre alumnado e contido, onde o deseño e a presentación son factores clave para captar a súa atención, xa que o seu éxito depende de que o alumno/a consiga relacionarse totalmente coa presentación.


Para crear un novo exercicio, o/a usuario/a debe seguir os seguintes pasos:

1. Premer o botón Engadir exercicio que atopará na pantalla de acceso a Xeración de exercicios desde o menú “Ferramenta Autor > Exercicios”.


2. A continuación, a pantalla carga o formulario de “Datos exercicio” cos campos básicos para rexistrar un novo exercicio.


3. O usuario ten que seleccionar o “Tipo” entre as opcións propostas.

Botón tipos

A continuación, deberase cubrir a información requirida para cada tipo de exercicio segundo os tipos de exercicios dispoñibles.

Tipos de exercicios

Última modificación: luns, 29 de setembro de 2025, 2:00 PM