Funcionalidades básicas
O entorno de Xeración de Contidos é a plataforma deseñada para crear contidos educativos integrada no proxecto E-Dixgal permitindo ao profesorado xerar recursos educativos de gran riqueza e crear unidades didácticas complementarias ao temario oficial.
A nova Ferramenta de Autor dota ao profesorado de recursos para a creación de unidades didácticas complementarias ao temario oficial que favorezan o traballo diario tanto na aula, como fóra dela.
Trátase dunha área personalizada, adaptada aos perfís de “profesor”, que contempla o desenvolvemento das principais funcionalidades de xestión de proxectos nos que se inclúen unha secuencia organizada de contidos e exercicios que poderán ser publicados nos entornos virtuais.

A nova “Ferramenta de autor para a xeración de contidos” integra as seguintes funcionalidades:
- Xeración de exercicios de distinto tipo que poden ser utilizados como recurso complementario no Entorno Virtual de Aprendizaxe.
- Xeración de contidos que poden ser enriquecidos con arquivos multimedia (imaxes, vídeos, audios, etc.). O profesorado poderá achegar todo o contido estático que necesite para completar a información que precisa expoñer.
- Creación de proxectos que se poderán configurar como unidades didácticas complementarias utilizando exercicios e contidos creados previamente, conformando a ferramenta de interacción co alumnado e co resto da comunidade.
- Posibilidade de publicar os proxectos en formato SCORM directamente na plataforma E- Dixgal.
- Capacidade para compartir proxectos e xerar un espazo común de traballo entre o profesorado.
Módulos principais
A Ferramenta de Autor está composta por tres grandes módulos nos que se agruparán as diferentes funcionalidades que permitirán realizar as seguintes tarefas:
- Módulo Exercicios: agrupa as funcionalidades para crear, modificar e eliminar os diferentes tipos de exercicios como actividades a presentar ao alumnado. Estas actividades poderán ser clasificadas
do seguinte xeito, atendendo as súas características e modo de presentación da información:
- Exercicios avaliables: poden ser utilizados polo profesorado para avaliar os grados de coñecemento adquirido polo alumnado.

- Contidos interactivos: son recursos que permiten ao profesor presentar a información de xeito máis visual coa incorporación de distintos elementos, tales como imaxes, exercicios avaliables, presentacións,
...

- Exercicios avaliables: poden ser utilizados polo profesorado para avaliar os grados de coñecemento adquirido polo alumnado.
- Módulo Contidos estáticos: agrupa as funcionalidades para crear, modificar e eliminar o contido explicativo sobre un determinado tema. Pode ser utilizado para a configuración de contido fixo a
través do editor avanzado que permite a combinación de texto, vídeo, audio... en distintos parágrafos.
- Módulo Proxectos: desde este módulo poderá configurarse un proxecto para un ou varios cursos e para unha materia determinada ou varias utilizando os recursos educativos previamente creados (exercicios e/ou contidos)
conformado as unidades didácticas complementarias para presentar á comunidade. As funcionalidades dispoñibles desde este menú son:
- Crear, modificar, eliminar un proxecto.
- Publicar en formato SCORM directamente na plataforma E-Dixgal.
- Compartir proxectos nun espazo de traballo.
