Como se usan e xestionan as distincións/

insignias

O alumnado pode consultar, en calquera momento, as distincións que están habilitadas para a materia desde o menú de materia “Distincións".

Desde esta pantalla, o/a alumno/a pode ver a lista de distincións dispoñibles para esta materia en concreto, así como a descrición de cada unha delas e os criterios para poder conseguilas. Na columna da dereita tamén se informa ao /á usuario/a  que distincións ten conseguidas e as que non.

Trátase, polo tanto, dunha pantalla informativa que lle mostra ao alumnado as posibles distincións que podería conseguir nesta materia en concreto.

 

 Distincions da materia alumnado

 

Segundo vaian cumprindo os criterios definidos para cada distinción, o alumnado irá recibindo estas distincións (medallas, insignias, ...) e pasarán a mostrarse no seu perfil de usuario. O perfil de cada estudante pode ser consultado polos seus/ súas compañeiro/as da clase, polo que resulta bastante motivador mostrar as distincións conseguidas no perfil de usuario.

 

Como se xestionan?

 

Os/as docentes co rol de profesor na materia poden xestionar as distincións propias da materia desde o seguinte menú de materia "Distincións", premendo sobre o botón "Xestionar as insignias".

Xestionar distincións

Desde esta pantalla o profesorado pode realizar as seguintes accións:

  • Desactivar acceso: desactiva o acceso a esta distinción para o alumnado, de maneira que a distinción continúa creada pero os/as alumnos/as non a poden ver nin acceder a ela.
  • Asignar destinatario(s): mostra unha listaxe dos usuarios matriculados na materia, desde o que podemos asignar esta distinción a calquera deles.
  • Editar: edita os detalles da distinción. No caso de que esta distinción xa estea asignada a algún alumno, non se poderán cambiar os criterios.
  • Copiar: realiza unha copia desta distinción, un duplicado, nesta mesma materia. Con esta funcionalidade podemos crear rapidamente unha nova distinción a partir de calquera das que xa están creadas.
  • Eliminar:borra completamente a distinción.

  

Xestionar distincións 

Cando pulsamos sobre a opción "Destinatarios ", preséntase na pantalla un listado con todos os usuarios matriculados na materia (profesorado + alumnado) desde o que se pode asignar facilmente a distinción a calquera deles.

 

Recibir distinción 

Última modificación: venres, 26 de setembro de 2025, 3:31 PM