Como se crean as distincións/insignias
Como se crean as distincións/insignias.
A creación e xestión das distincións realízase desde o menú da materia "Máis >Distincións "

O docente pode crear unha nova distinción pulsando na opción "Engadir unha nova distinción"

A primeira pantalla que aparece é a de "Editar os detalles" da distinción, onde configura e completa diversa información básica sobre a distinción que se está creando.
IMPORTANTE: Débese ter en conta que a imaxe que se empregue para a distinción debe ser perfectamente cadrada (igual medida de ancho que de alto) porque se non, a aplicación recortará a imaxe pola dimensión máis longa.

Despois de definir os detalles, prémese o botón "Crear unha distinción".
A continuación hai que seleccionar os "criterios" que se usarán para conceder esta distinción.
A nivel xeral existen 3 tipos de criterios: emisión manual por rol, completado da materia ou completado da actividade.
- Emisión manual por rol: a distinción será concedida manualmente no momento que o decida o rol que se indique (profesor, profesor sen edición, xestor).

Para o exemplo actual, elíxese a opción “Emisión manual por rol”, de maneira que se identifica a continuación que rol de usuario (será o de “profesor”) se habilita para poder conceder esta distinción.
Despois de establecer os criterios, será necesario que se active a distinción que se creou, para que funcione e poida ser asignada ao noso alumnado no momento que o se decida outorgar.

A activación da distinción provoca que a aplicación avise que a partir de agora esta distinción será visible polos usuarios que serán quen de comenzar a facer méritos para gañala.

Despois da activación da distinción, sempre se pode desactivar o acceso a ela, pero isto implica que se esta distinción foi concedida a algún estudante, probablemente non se poidan modificar algúns dos axustes.

