Informe de avaliación para o alumno
Para acceder a este apartado, hai que situarse no apartado “Cualificacións > Máis> Informe para o alumno”.

Ao acceder a este apartado situámonos na pestana “Informe para o alumno”, aquí pódese seleccionar un/ha alumno/a en concreto ou todo o alumnado, ao seleccionar no selector o nome dun alumno pódese ver a información dese alumno sobre esa materia e a puntuación obtida nas actividades e nas avaliacións.


Se se seleccionan todos os alumnos, verase esta información pero para todos os alumnos da materia.

Na pestana “Libro cualificacións do alumno”, hai que seleccionar unha materia de referencia e un alumno desa materia, para poder ver as notas globais nas materias na que o usuario co rol profesor é o docente dese/a alumno/a matriculado seleccionado.
Como novidade do curso 2025/26, pódese descargar un PDF deste informe.

Na última pestana dispoñible neste apartado poderase acceder ao resto de apartados:

