Configuración dos criterios de avaliación
Requisitos do completado
O módulo de cualificacións está estruturado, en modo guiado, co obxectivo de facilitar o seu uso. A continuación explícanse os distintos pasos a realizar. A configuración de criterios é necesaria para realizar a xestión das cualificacións.
Para configurar a avaliación faremos clic en “Cualificacións” e activamos a edición no botón superior da dereita.

Seguiremos os pasos no despregable da esquerda que nos vai permitir xestionar as cualificacións, configurar os criterios de avaliación, ver as cualificacións por alumno/a, as cualificacións por avaliación, exportar datos…
Última modificación: venres, 26 de setembro de 2025, 2:44 PM
