Na plataforma online do EVA, se un docente accede a unha das súas materias pode obter: as cualificacións do alumnado en cada unha das actividades da materia, o cálculo da cualificación obtida nas distintas avaliacións e a súa cualificación final. Ao mesmo tempo, vai a poder modificar as distintas cualificacións mostradas de cada estudante para adaptarse á cualificación que considere o docente.

Como vantaxe, permite facilitar a configuración da materia, guiando ao profesorado a través dos distintos pasos que son necesarios para o correcto funcionamento do módulo, facilitando a personalización dos criterios de cualificación.

Neste tema descubriremos o uso e as configuracións necesarias do EVA para o correcto uso da mellora da xestión das “Cualificacións”:

  • Configuración de criterios de avaliación (primeira vez e posteriores).
  • Xestionar as cualificacións (libro de cualificacións).
  • Informe para o alumnado.

Podemos acceder ao módulo de avaliación por dúas vías diferentes:

1. Desde a banda principal lateral de menús, pulsando sobre a icona "Cualificacións"


2. Desde o bloque de menú "Administración da materia", pulsando sobre o menú "Axustes do libro de cualificacións"


Avaliación

Veremos a configuración dos criterios de avaliación, que se pode facer accedendo ao enlace "Cualificacións" no menú superior ou no panel lateral dereito.

Última modificación: venres, 26 de setembro de 2025, 2:44 PM