Un exemplo de uso de agrupamentos
Un exemplo de uso de agrupamentos
Nas seguintes imaxes móstrase un exemplo de como se visualizan dous elementos configurados para un Agrupamento:
- Un tema, da editorial aulaPlaneta, neste caso a restrición ao agrupamento realizase directamente engadíndoa na configuración do elemento.

- Unha actividade (de tipo tarefa)
Vista do profesor
Como podemos comprobar na imaxe que se mostra a continuación, o docente sempre pode ver todos os elementos introducidos en cada tema, independentemente de a quen vaia destinado cada un deles.
Para contido destinado a un agrupamento, o EVA mostra
información de a que agrupamento vai destinado. No exemplo que aparece a continuación os dous contidos van destinados ao "Agrupamento 1".

Vista dun alumno membro do agrupamento
O alumnado que forma parte do agrupamento ao que van destinados eses elementos (un tema + unha actividade) poden visualizar e acceder normalmente a eses contidos. A este alumnado en ningún caso se lle mostra ningunha información que lle indique que eses contidos van destinados a eles e non outros compañeiros, sempre e cando se ocultase a restrición.

Vista dun alumno que non é membro do agrupamento
Os alumnos que non forman parte do agrupamento ao que van destinados eses elementos (un tema + unha actividade) non poden velos, polo que para eles é como se non existiran eses contidos.

