Para que serven os grupos
Para que serven os grupos?
| Os grupos permiten ao profesorado organizar ao alumnado en grupos dentro da materia ou en determinadas actividades. As actividades que teñen os grupos habilitados permiten ao profesorado filtrar as contribucións do alumnado por grupo, permitíndolle consultar a participación ou entregas de cada grupo por separado. |
Esta opción permite configurar determinadas actividades para traballar en grupo, de maneira que será suficiente con que entregue a solución da tarefa un dos membros do grupo para que a tarefa ou actividade figure como entregada por todos os membros do grupo.
A plataforma EVA proporciona tres modos de grupo posibles:
- Sen grupos: ningún participante da materia pertence a ningún grupo. Os grupos non están en uso.
- Grupos separados: cada grupo só pode ver e acceder ao seu propio traballo. Os membros de cada grupo non poden ver nin acceder ao traballo do resto dos grupos.
- Grupos visibles: cada grupo realiza o seu propio traballo, aínda que se lles permite observar o traballo do resto dos grupos.
Os grupos poden ser definidos en dous niveis:
- Grupos a nivel de materia.
- Grupos a nivel de actividade.
Para definir grupos a nivel de materia, debemos editar a configuración da materia no seguinte menú:
"Administración > Administración da materia > Editar a configuración"

No formulario que aparece despois de pulsar o menú anterior, debemos facer clic no apartado "Grupos" que aparece nas opcións despregables que se mostran na parte inferior da pantalla, para poder seleccionar e configurar as opcións dispoñibles.

- Modo de grupo: permite configurar se dentro da nosa materia imos traballar "Sen grupos", con "Grupos separados" ou con "Grupos visibles".
Debemos ter en conta que estes grupos, no caso de crealos, realizaranse co alumnado matriculado nesta materia concreta para a que estamos activando esta opción. - Forzar o modo de grupo: de forzar o modo de grupo (opción = SI) aplicarase a todas as actividades da materia actual e neste caso non se teñen en conta os axustes específicos de cada actividade para o modo de grupo.
- Agrupamento predeterminado: actualmente a opción de "Agrupamento" non está dispoñible no EVA.
No caso de existir (os agrupamentos son grupos de grupos) permitirá seleccionar cal será o agrupamento por defecto no que se enmarcarán os novos grupos.
| O comportamento do modo de grupos varía en función da actividade onde se configura, de maneira que o modo de grupos adáptase ao funcionamento particular de cada unha das diferentes actividades. |
