Anotacións nos PDF das tarefas 

  

Para os casos nos que o alumnado entrega un PDF como solución a unha tarefa, as tarefas de tipo entrega de ficheiros incorporan a funcionalidade de poder corrixir directamente e facer anotacións sobre o propio arquivo PDF entregado polo alumnado.

Desta maneira, o profesorado pode realizar correccións directamente sobre o traballo entregado polo alumnado, sempre que sexa en formato PDF, e o propio alumnado poderá ver estas correccións como complemento á nota recibida e os comentarios achegados polo/a profesor/a.

 

Cando o profesorado entra na pantalla de cualificación das tarefasVer/cualificar todas as entregas, pode acceder ao editor PDF que está integrado no EVA, premendo na icona "Cualificación".

  

Anotacións no PDF da tarefa

   

Con esta acción iniciarase o editor PDF abrindo automaticamente en pantalla o ficheiro PDF entregado polo alumnado para esta tarefa. Na parte superior do editor PDF aparece a barra de ferramentas que inclúe botóns que nos permiten inserir texto, introducir trazos, incorporar figuras, resaltar determinadas partes do contido, debuxar, ... etc.

Todas as anotacións realizadas con este editor por parte do profesor/a da materia gárdanse automaticamente.

   

Anotacións no PDF

 

Cando o profesorado xa cualificou a tarefa, o alumnado poderá visualizar o seu PDF modificado polo/a profesor/a, pulsando sobre a opción "Ver anotacións PDF", que aparece na parte inferior da pantalla da entrega da tarefa.

  

Anotacións no PDF

Última modificación: venres, 26 de setembro de 2025, 1:31 PM