Para que serven as tarefas? 

A tarefa é unha das ferramentas que serve para recoller o traballo do alumnado dunha materia. O profesor propón o enunciado e os alumnos traballarán sobre o mesmo para, finalmente, enviar unha solución á proposta feita no enunciado da tarefa. 

O módulo tarefa permite aos alumnos subir documentos en practicamente calquera formato electrónico e estes documentos quedan almacenados para a súa posterior avaliación por parte do profesor á que tamén poderá engadir un "feedback" ou comentario que chega de forma independente a cada alumno mediante mensaxería.

A solución a unha tarefa non ten que consistir necesariamente en subir uns ficheiros á plataforma, aínda que este é o uso máis habitual, senón que existen tarefas nas que o alumno pode escribir directamente a solución no propio EVA ou que servirán para coñecer o enunciado, datas de entrega e cualificación dos traballos entregados fisicamente na aula.

Crear tarefa

Como se crea unha tarefa? 

  1. Desde a páxina principal do curso, "Activar edición".
  2. No tema que se desexe pulsar sobre "Engadir unha actividade ou un recurso"
  3. Seleccionar a actividade tipo "Tarefa"
  4. Finalmente, premer o botón "Engadir"

Os distintos aspectos que se poden configurar, clasifícanse por apartados:

Xeral

Nome da tarefa: introduce un nome como título para esta tarefa.

Descrición: introduce un pequeno texto a modo de descrición da tarefa.

Dispoñibilidade

Permitir entregas de: se está activado, os alumnos non poderán facer entregas antes desta data. Se está desactivado, os alumnos poderán comezar as entregas de inmediato.

Data límiteisto significa que venceu a tarefa. As entregas aínda se permitirán despois desta data pero calquera tarefa entregada tras esta data marcarase como atrasada. Para evitar entregas despois dunha certa data, estabeleza a data de corte da tarefa.

Data de cortede estar definida, a tarefa non aceptará entregas despois desta data sen unha prórroga.

Amosar sempre a descriciónse NON está activado, a descrición da tarefa anterior só será visible para os alumnos na data "Permitir entregas de".

Tipos de entrega

Entregas de ficheiros: de estar activado, os alumnos deberán enviar un ou máis ficheiros como entrega.

Texto en liñade estar activado, os alumnos deben escribir un texto (texto enriquecido) directamente nun campo do editor para a súa entrega.

Última modificación: venres, 26 de setembro de 2025, 1:26 PM