O recurso páxina e o recurso libro
1. O recurso páxina
Para que serve unha páxina?
O recurso páxina permite ao profesorado, usando o editor de texto do EVA, crear un recurso de tipo páxina web na que se poden incluír imaxes, texto, vídeos, sons, ligazóns ... etc, de maneira que son probablemente o tipo de recurso máis versátil do que dispoñemos para configurar os nosos propios recursos da nosa materia.
Como se crea unha páxina?
Para engadir unha páxina a un tema da materia, haberá que seguir o seguintes pasos:
- Activar o modo edición.
- No tema que se desexe, pulsar sobre o enlace "Engadir unha actividade ou un recurso".
- Seleccionar a opción "Páxina".
- Finalmente pulsar o botón "Engadir"

Unha vez que lle demos a engadir, cubrimos os campos da páxina. Os campos principais son:
Xeral
Nome: introducimos un nome que servirá como título para esta páxina e que é o que o alumnado ve no tema elixido da materia. Hai que premer no nome para acceder á información que contén á páxina.
Descrición: escribimos un pequeno texto descritivo da páxina.
Presentar a descrición na páxina do curso: se está activado, a introdución/descrición anterior presentarase na portada da materia xusto embaixo do nome.
Contido
Contido da páxina: aquí será onde deberemos introducir o contido da páxina propiamente dito, texto, imaxes, arquivos multimedia, enlaces, etc.
Unha vez elaborado o contido da páxina gardamos os cambios e rematamos a creación da páxina.
3. O recurso libro
Para que serve un libro?
Un libro permite ao profesor crear un conxunto de páxinas cun orden e unha xerarquía determinada. Os libros poden conter diversos tipos de ficheiros, entre eles os ficheiros multimedia, así como texto e son apropiados para presentar gran cantidade de información que pode subdividirse en seccións.
O módulo de libro permite crear capítulos principais e sub-capítulos pero non vai máis profundo, é dicir, non é posible crear un sub-capítulo dentro de outro sub-capítulo xa que este módulo está pensado para ser un recurso de uso sinxelo e directo.
O libro non é interactivo en sí mesmo, aínda que pode conter todo tipo de elementos multimedia como imaxe, vídeo, son, enlaces internos e externos, ... etc.
Como se crea un libro?
Para engadir un libro a un curso teremos que seguir os seguintes pasos:
- Activar o "modo edición".
- No tema que queiramos do curso, pulsamos sobre o enlace "Engadir unha actividade ou un recurso".
- Seleccionamos a opción "Libro".
- Finalmente pulsamos o botón "Engadir".

No formulario que nos aparece a continuación deberemos escoller un "Nome" para dar título a este novo libro, así como un pequeno texto no apartado "Descrición"
Despois de que o libro está creado, para xestionalo (engadir capítulos e subcapítulos) empregaremos o cadro "Táboa de contidos" que aparece na parte dereita da pantalla, unha vez que entramos no propio libro.

Na seguinte táboa móstrase a funcionalidade de cada unha das iconas dispoñibles:
| ICONAS DA TÁBOA DE CONTIDOS (xestionar un libro) | |
| Icona | Descrición |
| Mover ou desprazar o elemento (capítulo ou subcapítulo) cara abaixo, a unha posición inferior. | |
| Mover ou desprazar o elemento (capítulo ou subcapítulo) cara arriba, a unha posición superior. | |
| Editar as propiedades do elemento. | |
| Borrar (eliminar) o elemento. | |
| Ocultar o elemento. | |
| Engadir un novo capítulo ou subcapítulo. | |
