Descargar a aplicación EVA-Offline
EVA Offline resulta unha ferramenta moi útil cando non se ten a posibilidade de conectar a internet, permitindo acceder aos contidos sen conectividade.
Os dispositivos, tanto do profesor como do alumnado, xa dispoñen da aplicación instalada na sección "Aplicativos > Educación" do Escritorio Abalar, pero a través do EVA é posible facer a descarga da aplicación para poder instalala no dispositivo desexado, en función do sistema operativo que teñamos no mesmo.
Existen diferentes versión da aplicación EVA Oflline, para os distintos sistemas operativos, que están dispoñibles para a súa descarga desde o propio entorno EVA. Para poder acceder, o usuario debe identificarse no EVA e a continuación entrar no menú "O meu escritorio".
Entre as funcionalidades dispoñibles no menú "O meu escritorio" está a opción "Descargar Offline".

Desde este menú "Descargar Offline" podemos descargar a versión específica para o noso sistema operativo (Windows, Mac, Linux). Ao pulsar sobre a opción desexada, descargarase o instalador específico para o sistema operativo seleccionado. A instalación é moi sinxela e instálase igual que calquera outra aplicación de cada un dos sistemas operativos.
