Visualización dos contidos sen conectividade
O alumno poderá acceder á aplicación sen necesidade de conexión a internet, e durante esta sesión visualizará as materias que se sincronizaron na aplicación na súa última conexión, así como as unidades dos contidos xa descargados.
Cando se accede sen conectividade, o marcador de conectividade aparece en vermello ![]()
Para acceder aos contidos sen conectividade, realizaremos o seguinte proceso:
- No panel de materias, facemos clic sobre aquela á que queremos acceder e posteriormente na opción “Contidos”.
- A ventá móstranos o índice de unidades, facendo clic sobre o titulo de cada unidade podemos acceder ao contido asignado a esta.
- Facemos clic sobre o Título do contido que queremos visualizar que previamente terá que estar descargado.

O contido visualizase en toda a área de traballo da aplicación (pantalla completa).
IMPORTANTE: Cada vez que o alumno quere saír do contido e para que se garde o seguimento daqueles contidos que dispoñen desta funcionalidade será necesario premer o botón "Sair" da parte superior central da pantalla.

O botón "Saír" aparece sempre na parte superior do recurso e será necesario pulsar este botón sempre, antes de abandonar o traballo con este recurso, para que se garde o traballo realizado ata o momento.
Cando se pulsa este botón "Saír" gárdase temporalmente no propio dispositivo o traballo realizado sen conexión, de maneira que posteriormente este traballo poida ser sincronizado coa aplicación online cando o dispositivo volva a dispoñer dunha conexión viable á rede.
