Acceso á aplicación EVA Offline
Introdución
Eva Offline resulta unha ferramenta moi útil cando non se ten a posibilidade de conectar a internet, permitindo acceder aos contidos sen conectividade.
Os dispositivos, tanto do profesorado como do alumnado, xa dispoñen da aplicación instalada no menú "Educación" do propio equipo E-Dixgal.
A continuación explicarase como enlazar o aplicativo Eva Offline coa aplicación Eva Online, como descargar os contidos dos libros dixitais, acceder a eles cando non hai conexión a internet, e, por último, como visualizar o seguimento do alumnado.
En primeiro lugar, destacar que antes de iniciar sesión no Eva Offline é imprescindible ter iniciado sesión previamente no Eva Online, como mínimo unha vez, para que ao iniciar sesión no aplicativo poida establecerse a conexión entre as dúas aplicacións de forma correcta.
Acceso á aplicación
Para comenzar a utilizar Eva Offline só hai que facer clic sobre o menú da aplicación, que poderemos atopar despregando previamente no menú "Educación".

A primeira vez que se accede, é necesario activar a ferramenta e deberase estar conectado a internet.
Facemos clic en "Engadir" para identificarnos co noso "nome de usuario" e "contrasinal".

A continuación introducimos as nosas credenciais ("nome de usuario" e "contrasinal") para que Eva Offline conecte coa plataforma online e sincronice os primeiros datos: curso nos que estamos matriculados, materias, ...

Cando iniciamos sesión en Eva Offline podemos comprobar que na parte esquerda da pantalla móstrase o noso nome e noso avatar (imaxe persoal) no caso de que o introduciramos anteriormente na plataforma online. Ademais tamén vemos que no menú lateral temos acceso ás materias nas que estamos matriculados, así como á zona de mensaxería e eventos do calendario.
Nesta primeira pantalla do Eva Offline é importante fixarse no indicador de conexión que aparece na parte superior dereita da pantalla:
= Indica que actualmente Eva Offline está
conectado.
= Indica que actualmente Eva Offline
está desconectado.

