Xestión de credenciais
Xestión de credenciais
Esta opción permítelle ao profesorado facilitar as credenciais de acceso ao alumnado e a restauración das mesmas.
Neste apartado o/a docente vai atopar as credenciais do seu alumnado xunto co contrasinal para o primeiro acceso.
Unha vez seleccionado Xestión de Credenciais, aparece unha pantalla para poder filtrar as credenciais desexadas en base a centro, grupo e materia.
As persoas que exerzan a titoría poderán acceder a todo o alumnado do seu grupo titorizado. No caso de cada docente, tan só poderá acceder ao grupo matriculado na súa área ou materia.

Cando pulsamos sobre o botón "Filtrar" móstrase na parte central a listaxe de alumnos/as coas súas respectivas credenciais. Os datos que aparecen son:
-
-
-
- Nome e apelidos: nome e apelidos do/a alumno/a.
- Usuario: nome de usuario do/a alumno/a.
- Clave de acceso Prov.:
- Aparece a clave de acceso provisional do/a alumno/a para o seu primeiro rexistro ou para cando se lle restaura a credencial. En canto o/a alumno/a inicie sesión co seu usuario deberá cambiar o contrasinal.
- Aparece *********** cando o/a alumno/a xa entrou na plataforma e polo tanto xa modificou o seu contrasinal.
- Centro: centro do/a alumno/a.
- Grupo: grupo ao que pertence o/a alumno/a.
- Materia: materia do/a alumno/a.
- Acción: Restaurar credenciais. Esta utilidade utilizaraa o/a docente para restaurar o contrasinal dun/dunha alumno/a se esqueceu o seu contrasinal. Ao restaurar o contrasinal aparecerá de novo unha clave de acceso provisional na columna "Clave de acceso Prov." que lle permitirá de novo ao/á alumno/a acceder á plataforma. En canto inicie sesión co seu usuario deberá cambiar o contrasinal.
- Histórico: nesta columna poderase consultar o histórico de cambio de credenciais para un/unha alumno/a. A icona do ollo
dá acceso ao histórico de cambios.
-

|
Botón de impresión. A lista de credenciais dispón dun botón |
