O Calendario

Desde esta opción podemos acceder ao calendario que xestiona cada un dos eventos cos que estamos a traballar na plataforma e teñen algún tipo de información temporal que interesa ao noso perfil.

Calendario

    

O que vai aparecer por defecto no calendario é a listaxe de próximos eventos asociados ás materias nas que o usuario está matriculado, pero pódese establecer un filtrado de eventos por materia no despregable co que se vai a visualizar unicamente os eventos asociados á materia seleccionada.

No panel da dereita hai dispoñible o bloque que permite agochar/amosar os eventos desexados no calendario.

Desde a ventá anterior tamén temos a posibilidade de crear novos eventos, para perfil do profesorado os eventos que se poden crear poden ser de 3 tipos:

  1. Usuario: evento só visible para o usuario que o crea.
  2. Grupo: evento que afecta a todos os usuarios membros do grupo seleccionado.
  3. Materia: evento que ten actividade para todos os usuarios matriculados na materia seleccionada. 

 CALENDARIO: Vista "mes"

Vista mes

CALENDARIO: Vista "día"

Vista día

Última modificación: venres, 26 de setembro de 2025, 10:09 AM