Bolígrafo dixital activo HP
Accesorios do bolígrafo dixital

O bolígrafo dixital activo HP é un dispositivo dixital lixeiro deseñado para interactuar coa pantalla táctil en lugar de usar os dedos.
Ten unha punta fina e sustituible parecida á dun bolígrafo, que se utiliza para escribir ou debuxar na pantalla, ou para navegar polo sistema operativo e as aplicacións compatibles. O bolígrafo dixital funciona cunha pila interna sustituible.
No estuche do bolígrafo dixital inclúense os aseguintes accesorios:
- Bolígrafo dixital activo HP.
- Soporte adhesivo para o bolígrafo, de feltro.
- Cordón de suxección.
- Pila AAA.
- Documentación.
Na documentación inclúense a garantía, as instruccións de configuración rápida e as notas sobre o dispositivo.
Hardware do bolígrafo dixital
O hardware do bolígrafo dixital contas dos seguintes botóns e funcións:
- Punta (extraíble).
- Botón de pulsación primario.
- Botón de pulsación secundario.
- Clip do bolígrafo dixital.
- Tapa do bolígrafo dixital (extraíble).

Colocación da pila no bolígrafo dixital
Antes de poder utilizar o bolígrafo dixital debe colocarse correctamente a pila, seguindo estes pasos:
- Retirar a tapa do bolígrafo dixital xirándoa en sentido contrario ás agullas do reloxio (sentido antihorario).
- Colocar a pila co extremo positivo (+) orientado hacia o corpo baleiro do bolígrafo dixital.
- Introducir a pila no bolígrafo dixital.
- Volver colocar a tapa xirándoa no sentido das agullas do reloxio (sentido horario).

Colocación do cordón do bolígrafo dixital
O cordón que se inclúe como accesorio do bolígrafo dixital permite a súa suxección ao equipo do alumno, conectando o cordón por un extremo ao bolígrafo e polo outro a un tornillo da parte inferior do portátil.

Como pode observarse na seguinte imaxe, o outro extremo do cordón pode suxeitarse ao equipo utilizando o tornillo situado na parte inferior do portátil do alumno. É importante sinalar que, no caso de querer suxeitar o bolígrafo dixital ao equipo, sempre se utilice este tornillo en concreto que está específicamente destinado a este fin.

Finalmente, despois de suxeitar o cordón do bolígrafo e pegar o soporte de feltro na parte inferior do portátil, o equipo con todos os accesorios colocados queda como se mostra na seguinte imaxe.

|
RECOMENDACIÓN Nos casos nos que o alumnado transporte habitualmente o equipo desde o seu domicilio ata o centro educativo (e viceversa) debería considerarse a opción de non colocar ningún dos accesorios no exterior do equipo, xa que o feito de colocar estes accesorios nos laterais convírteos en elementos moi vulnerables a golpes, roturas e desperfectos de todo tipo. Tamén se debe ter en conta que, no caso de introducir o portátil no armario de carga da aula, estes elementos acoplados no exterior do equipo incrementan o risco de desperfectos. |
