Elementos dunha aula E-Dixgal
Unha aula E-Dixgal
Na imaxe podemos apreciar todos os elementos característicos dunha aula E-Dixgal estándar, aínda que debemos ter en conta que as marcas e modelos dos elementos indicados aquí poden variar en función das dotacións de material de cada curso académico.

Armario de carga
O armario de carga de portátiles está dotado dun programador que permite configurar o período de carga dos equipos, o que posibilita programar a carga dos equipos en horario non lectivo. O armario de carga tamén pode ser utilizado como un reforzo
multimedia xa que no seu caixón superior dispón, ademais dos mandos de control de carga e a conexión para o sistema multimedia.
Adicionalmente, permite obter dúas saídas de audio amplificadas, situadas nos laterais do armario de carga. Así,
mediante a combinación de proxector e equipo portátil, o sistema convértese nunha completa estación multimedia desde a que é posible realizar calquera presentación reforzada con capacidades multimedia. O sistema de audio atópase autoamplificado,
polo que non é necesario realizar un axuste específico de audio para o control do seu sistema de son. Así pois, para regular o volume do seu sistema tan só necesita axustar o seu equipo multimedia ata o nivel que considere adecuado.
Portátil de aula
Para uso dos docentes está dispoñible na aula un portátil HP ProBook 450G4, Lenovo Thinkpad L540 ou o Acer Travelmate P259, todos cunhas características técnicas adaptadas ás súas necesidades.
Os portátiles de aula forman parte da aula dixital, polo que o docente terá que utilizar o portátil que lle corresponda segundo a aula na que estea a impartir a clase.
Punto de Acceso WiFiA xestión e configuración das redes WiFi establecerase directamente dende a Consellería de Educación. Estes puntos de acceso son equipos hardware da marca Aruba Networks (125, 134 e 215) configurados en redes WiFi e que fan de intermediario entre o ordenador e a rede externa. Así mesmo, permitirán aproveitar as vantaxes das redes de alta velocidade e centralas nos docentes e alumnos.
Panel interactivo
Os paneis dixitais interactivos veñen a substituír os tradicionais kits de aula dixital compostos por unha pizarra dixital interactiva, un videoproxector, un ordenador de aula e altofalantes, xa que integran completamente as funcionalidades anteriores e supoñen unha mellora significativa das mesmas. No caso das aulas E-Dixgal, este panel vai conectado ao portátil de aula.
- Panel interactivo de 86 polgadas, resolución 4K, modelo Kok educativa 86 (Android 11, 8GB RAM, 64GB almacenamento interno).
- Webcam (MaxHub UC W11).
- Teclado con touchpad sen fíos (Logitech K400 Plus).
Equipo do alumnado
Trátase do equipo Notebook HP ProBook x360 11 G1 EE
Un equipo convertible, cunha pantalla táctil HD de 11,6" e xiro de pantalla de 360º.
