10.2. Como saber cal é a miña IP
Como saber cal é a miña IP
|
![]() |
|
A aplicación EPOPTES está preconfigurada para a WiFi Abalar Nos equipos Abalar/Edixgal a aplicación EPOPTES xa está preconfigurada para a rede WiFi Abalar, polo que non é necesario introducir a configuración de rede completa. Por esta mesma razón, non é posible utilizar a aplicación EPOPTES dun equipo Abalar/EDIXGAL nunha rede diferente á WiFi Abalar. |
Para saber que IP temos no noso equipo de profesor, temos diferentes formas:
Accedendo a Sistema > Acerca de Maqueta Abalar

A continuación aparecerá un cadro de diálogo coa información referente ao equipo.

Premendo sobre a icona de conexións
co botón dereito e elixindo Información da conexión

Desde o Emulador Terminal abrindo o menú de aplicativos e tecleando a seguinte orde /sbin/ifconfig devolverá
a información da conexión.

|
|
![]() |

