Section outline

  • EDI


    Encerados Dixitais

    Smart, IQBoard, OpenBoard

    Curso EDIXGAL
    • O encerado interactivo, tamén denominado a encerado dixital, consiste nun ordenador conectado a un vídeo proxector, que amosa o sinal do ordenador sobre unha superficie lisa e ríxida, sensible ao tacto, dende a que se pode controlar o ordenador, facer anotacións manuscritas sobre calquera imaxe proxectada, así como tamén, gardalas, imprimilas, envialas por correo electrónico e exportalas en diversos formatos.
  •    MultiClass. Modelo MCI780

    tema
    • Os encerados interactivos MultiCLASS empregan tecnoloxía por infravermellos ( localizan as coordenadas dos puntos a través dun marco de infravermellos situado en todo o perímetro do taboleiro). Levan integrados altofalantes que permiten a saída de audio dixital.
      • Cando calibramos o encerado non debemos efectuar presión sobre os puntos, si manter fixo uns segundos o dedo.
      • Así mesmo é moi importante manter limpo o marco do encerado de po.

    • Contidos MultiClass
  •    SmartBoard. Notebook

    tema
    • Os modelos de encerados Smart adxudicados nos centros pola Xunta de Galicia empregan tecnoloxía resistiva. (encerados compostos por dúas capas separadas por unha cámara de aire que ao entrar en contacto permiten identificar a posición).

      • Notebook 11, é a última versión estable do software de Smart para contornos Linux.

      IMPORTANTE: Nas últimas versións da maqueta abalar, retirouse o software privativo de Smart ( Notebook) porque a propia casa SmartTecnologies non da soporte para estas versións mais avanzadas de Linux.

    • Contidos SmartBoard
  •    IQ-Board. Modelo DVT

    tema
    • O Encerado interactivo DVT está equipado con dúas cámaras nas esquinas superiores dos lados esquerdo e dereito. Ao longo do marco interno do encerado hai unha superficie reflectante que devolve o sinal infravermello emitido polas cámaras. Mediante uns cálculos a controladora ubica o dedo (ou punteiro) no encerado e se produce a interactividade.

    • Contidos IQ-Board
  •    OpenBoard

    tema