No IES de Vilalonga utilizamos a aplicación Abalar Móbil como canle oficial de comunicación coas familias e co alumnado maior de idade.
A través desta aplicación pódese consultar información académica relevante como as cualificacións, as faltas de asistencia e de conduta, os avisos e incidencias e o horario escolar. Ademais, permite acceder ó calendario escolar, utilizar o servizo de mensaxería co profesorado e solicitar ou xestionar titorías. Abalar Móbil facilita tamén o acceso a trámites relacionados coa escolarización e a descarga de documentación, favorecendo unha comunicación áxil e directa coa comunidade educativa.
