Na área de Administración ofertamos os tres niveis de Formación Profesional: grao básico, grao medio e grao superior, adaptados ás distintas necesidades e perfís do alumnado. A nosa formación combina contidos teóricos e prácticos, orientados á realidade do ámbito administrativo e empresarial.
Ademais, impartimos o ciclo medio en modalidade semipresencial, facilitando a conciliación coas obrigas persoais e laborais. O noso obxectivo é favorecer a empregabilidade e a continuidade formativa do alumnado.
FP Básica en Servizos Administrativos
Para acceder á oferta obrigatoria é preciso que o alumno ou a alumna cumpran de forma simultánea os seguintes requisitos:
a) Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica.
De quedaren prazas vacantes, poderanse completar os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que teñan 17 anos e non estivesen escolarizadas no curso escolar anterior, ou que teñan 18 ou 19 anos, ou que fagan 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
b) Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.
Que se aprende a facer?
Realizar tarefas administrativas e de xestión básicas, con autonomía, responsabilidade e iniciativa persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas ambientais, de seguridade e de hixiene no traballo, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
Os módulos que inclúe o CB en Servizos Administrativos e os seus períodos semanais son os seguintes:
O horario do curso desenvólvese de luns a venres en quenda de mañá, desde as 08:30 ata as 14:10. E os martes pola tarde, en horario de 16:15 a 18:00.
Nos ciclos formativos de grao básico a duración da formación na empresa será de 400 horas.
Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das seguintes familias profesionais:
- Administración e xestión
- Artes gráficas
- Comercio e márketing
- Téxtil, confección e pel
- Vidro e cerámica
En que ámbitos se traballa?
En centros, oficinas, despachos e departamentos administrativos ou comerciais de calquera tipo de empresa ou entidade de carácter privado ou público, en todos os sectores produtivos.
Que ocupacións se desempeñan?
Auxiliar de oficina; auxiliar de servizos xerais; auxiliar de arquivo; ordenanza; auxiliar de información; telefonista en servizos centrais de información; clasificador/ora e/ou repartidor/ora de correspondencia; gravador/ora-verificador/ora de datos; auxiliar de dixitalización; operador/ora documental; auxiliar de venda; auxiliar de dependente de comercio; operador/ora de cobramento ou caixeiro/a.
CM Xestión Administrativa
Para acceder aos ciclos formativos de grao medio de formación profesional requirirase estar en posesión dalgún dos seguintes requisitos:
- Título de ESO (LOE ou LOXSE).
- Título de ESO con avaliación final pola opción de ensinanzas aplicadas (LOMCE).
- Título de técnico auxiliar.
- 2º de BUP cun máximo de dúas materias pendentes nos dous cursos.
- 2º curso de primeiro ciclo experimental da REM.
- Das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, 3º curso do plan de estudos de 1963 ou 2º curso de comúns experimental.
- Título profesional básico.
- Módulos obrigatorios dun PCPI.
- O curso de formación específico para o acceso a ciclos formativos de grao medio.
- A proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de formación profesional.
- A proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de Ensinanzas Deportivas ou de Artes Plásticas e Deseño.
Que se aprende a facer?
Realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal. Atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas públicas e privadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.
Os módulos que inclúe o CM Xestión Administrativa e os seus períodos semanais son os seguintes:
O horario do curso desenvólvese de luns a venres en quenda de mañá, desde as 08:30 ata as 14:10. E de luns a mércores pola tarde, en horario de 16:15 a 18:00.
Nos ciclos formativos de grao medio a duración da formación na empresa será de 500 horas.
Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura.
En que ámbitos se traballa?
En calquera tipo de empresa, independentemente do seu tamaño e do sector de actividade, nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía.
Que ocupacións se desempeñan?
Auxiliar administrativo/a, axudante de oficina, auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos, administrativo/a comercial, auxiliar administrativo/a de xestión de persoal, auxiliar administrativo/a das administracións públicas, recepcionista, empregado/a de atención á clientela, empregado/a de tesouraría e empregado/a de medios de pagamento
CS Administración e Finanzas
1. Para acceder aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional requirirase estar en posesión dalgún dos seguintes requisitos:
a) Título universitario.
b) Título de técnico superior ou de técnico especialista.
c) Título de bacharelato LOXSE, de bacharelato LOE ou de bacharelato LOMCE.
d) Certificado de superación de todas as materias do bacharelato LOMCE.
e) COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalentes.
f) BUP.
g) Título de técnico.
h) Outros estudos declarados equivalentes, para os efectos académicos, a algún dos anteriores.
2. Tamén poderán acceder aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional as persoas que superasen a proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
Que se aprende a facer?
Realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal. Atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas públicas e privadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.
Os módulos que inclúe o CS Administración e Finanzas e os seus períodos semanais son os seguintes:
O horario do curso desenvólvese de luns a venres en quenda de mañá, desde as 08:30 ata as 14:10. E de luns a mércores pola tarde, en horario de 16:15 a 18:00.
Nos ciclos formativos de grao medio a duración da formación na empresa será de 500 horas.
A que outros estudos se pode acceder?
Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura. Así mesmo, é posible acceder a calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.
En que ámbitos se traballa?
En empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade,nomeadamente no sector de servizos, así como na Administración pública, desempeñando as tarefas administrativas na xestión e no asesoramento nas áreas laboral, comercial,contable e fiscal desas empresas e institucións, ofrecéndolles un servizo e atención áclientela e á cidadanía, realizando trámites administrativos coas administracións públicas exestionando o arquivo e as comunicacións da empresa. Poderían traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou através do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira oulaboral, estudos de proxectos, etc.
Que ocupacións se desempeñan?
Administrativo/a de oficina, administrativo/a comercial, administrativo/a financeiro,administrativo/a contable, administrativo/a de loxística, administrativo/a de banca e de seguros, administrativo/a de recursos humanos, administrativo/a da Administraciónpública, administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías,técnico/a en xestión de cobramentos, responsable de atención á clientela.
FP Modular a Distancia CM Xestión Administrativa
Na oferta modular, a matrícula realizase por módulos individuais seguindo o procedemento e as instrucións que podedes atopar na seguinte ligazón:
https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-25-26-instrucions-xerais
Os módulos formativos ofertados neste curso 2025-26 son os seguintes:
| Curso 25-26 | Horas Online | Horas Presenciais | Horas Totais |
| Inglés | 1 | 1 | 2 |
| Tratamento informático | 5 | 5 | 10 |
| Técnica contable | 2 | 3 | 5 |
| Tesouraría | 3 | 3 | 6 |
| RRHH | 2 | 2 | 4 |
| Empresa e Admin | 2 | 2 | 4 |
O horario das clases presenciais é de 19:00 a 22:30, de luns a xoves.
Ao finalizar os estudos, obterás o Título de Técnico en Xestión Administrativa, o cal permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura.
En que ámbitos se traballa?
En calquera tipo de empresa, independentemente do seu tamaño e do sector de actividade, nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía.
Que ocupacións se desempeñan?
Auxiliar administrativo/a, axudante de oficina, auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos, administrativo/a comercial, auxiliar administrativo/a de xestión de persoal, auxiliar administrativo/a das administracións públicas, recepcionista, empregado/a de atención á clientela, empregado/a de tesouraría e empregado/a de medios de pagamento
