COMUNCACIÓN DE MALAS NOVAS

Comunicar noticias desagradables que afectan á existencia dunha persoa expón ao emisor a problemas de orde ética, psicolóxica e de eficacia.
Como facer saber algo de forma que o seu coñecemento non empeore o estado da persoa? Como facer provisión de forzas para realizar a difícil tarefa de transmitir informacións dolorosas? Cal é a mellor forma de dicir as cousas desagradables e que o receptor o entenda e non se bloqueei?

Entre os profesionais da Psicoloxía e da medicina paliativa existe consenso en que a información a un paciente non pode consistir nun acto illado, senón que debería entenderse coma un proceso, onde os ritmos e os límites veñen dados pola persoa enferma e non polo clínico. É dicir, a información non é algo que se despacha nunha visita, sexa na consulta ou na habitación do enfermo, e todo listo. Pola contra, sen faltar á verdade hai que ofrecer aquela información que pode ser entendida e soportable en cada situación pol@ paciente, cada vez que se dea un cambio significativo nas expectativas ou nos resultados e estar dispost@ a falar cando a persoa o solicita.

¡O problema da verdade! Prescindindo dos aspectos filosóficos sobre que é verdade, si cabe plantexarse para que dicir a verdade sobre o inevitable e próximo destino de alguén cando nada pode facerse para remedialo.

Quizais atopemos posturas diferentes á hora de dar resposta a esta cuestión. O doutor Bayés, autoridade recoñecida na materia, mantén que dicir a verdade, aínda neses casos desesperados, pon ao paciente en situación de responder activamente ás circunstancias que lle van a sobrevir e é un requisito de importancia á hora de conseguir morrer en paz. En calquera caso é a persoa, o suxeito que padece e que recibe a información, a que debera decidir ata onde pode aguantar en cada momento, por iso Bayés acuña o concepto de "verdade soportable", que debe entenderse non como o uso de mentiras piadosas para supostamente paliar a dor, senón como un xeito honesto, pausado, empático e dosificado de compartir a información co enfermo.

Detrás das distintas opcións sobre a comenencia da información existen outras tantas concepcións sobre a liberdade do ser humano e a autonomía persoal. Cando se considera que a persoa é a única soberana para decidir aceptar ou intentar modificar o seu destino entón a balanza adoita inclinarse por transmitir a verdade aínda que tamén se avogue por ter presentes as consideracións sinaladas antes.

Se a comunicación non verbal é básica en toda interlocución, o é moito máis cando aquilo que estamos transmitindo é capaz de provocar intensas reaccións emocionais, onde a información traspasada con elementos non verbais supera o sesenta por cento. Faise entón totalmente relevante coidar aspectos como mirar aos ollos, non eludir o contacto físico, a caricia, gardar a distancia e ángulo adecuados co receptor de modo que poida percibirnos ben e que facilite a caricia ou o desafogo sobre o noso ombreiro, sen por iso violentarlle coa nosa proximidade.

As propostas anteriores sobre os procesos de comunicación de contidos difíciles e dolorosos non incumben só ao persoal sanitario e psicoterapeutas, son igualmente válidas para os familiares (proxenitores, fillos ou irmáns) así como docentes e non teñen que ser aplicadas unicamente en caso de graves enfermidades senón en todas aquelas situacións comunicativas en que as persoas poidan ver ameazada a súa seguridade e a súa confianza no futuro. Situacións que son máis frecuentes do que puidese parecer mesmo no ámbito escolar.

-

Protocolo de comunicación de malas novas1

Buscar as mellores condicións

Procura do mellor contorno físico posíble, selección de quen debe estar presente e que presenza non é conveniente.

Descubrir o que sabe o receptor

Mediante unha serie de preguntas pechadas (nas que a resposta é do tipo si / non) e abertas nas que poida explicar, por exemplo, como se sente.

Indagar o que quere saber

Cómpre respectar o dereito d@ enferm@ ou receptor a ser mái ou menos informado, para iso cómpre ter certeza de ata onde quere saber (pode ser necesaria unha pregunta explicita ao respecto), en todo caso é preciso dar unha infomación veraz que, sen entrar en detalles, poda ser completada posteriormente no momento en que o receptor estea disposto a coñecer máis sobre a situación, prognóstico, tratamentos ...

Compartir a información

Partir do que xa coñece o/a receptor/a, dando a información a pequenas doses, con palabras que poidan ser compendidas pola persoa a quen nos diriximos, comprobando que o que dicimos está a ser entendido, repetindo o que faga falla e escoitando ao interlocutor/a para encadear a nosa explicación ás súas palabras. 

Responder aos sentimentos

Darse conta dos sentimentos que está a ter a persoa receptora, as veces agromando máis nas manifestcións non verbais que nas verbais, facerlle ver que os recoñecemos e os respectamos, sen xulgalos. Fomentar que preste atención aos aspectos máis positivos do que sente.

Planificar e establecer seguimento

Programar accións futuras que lle covenzan de que si é posible facer algo e de que hai perspectivas posibles sen por iso agacharlle o irremediable. Comprometerse coa persoa a facer o seguimento do planificado de modo que teña a seguridade de que non vai ser abandonado á sua sorte.


“Non existe forma boa de dicir cousas malas. Pero existen formas mellores que outras.”  

"Doctor, son miradas. Son miradas o que eu necsito."

Nuno Lobo Antunes, neurooncólogo pediátrico.


.

 

.

q Acompañamento e coidado 

q Protocolo de comunicación de malas novas

inicio

 

1 Adaptado de Buckman a través de Daniel Nomen "Los procesos comunicativos" en Tratando... el poceso e duelo y de morir
Última modificación: xoves, 14 de xullo de 2016, 12:42 PM