Glosario

.
.
Introduce todos os termos que consideres que necesitan ser definidos ou sobre os que poidas achegar algunha luz:
blogs, wikis, redes sociais, marcadores, videoblogs, fotoblogs...
A profesora propón algúns conceptos como accesibilidade, agregador de novas, buscadores, follas de cálculo, palabra clave, RSS, software libre, web 2.0,phishing
BEEEEEP:::::Poñede o nome dos conceptos a definir comezando con maiúscula::::::::
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
| BH | Rato | ||||
|---|---|---|---|---|---|
O rato ou mouse (termo en inglés) é un compoñente do hardware e dispositivo apuntador que envía información ao ordenador ao que se conecta (por un cable ou de maneira inalámbrica). O seu movemento bidimensional refléxase na pantalla cun punteiro ou representación gráfica do punto en que se atopa o rato con respecto á pantalla, podendo facer click (pulsar) sobre calquer enlace ou opción para activalo. Na actualidade é moi importante para o manexo do ordenador inda que hai opcións alternativas coma as pantallas táctis ou os paneis táctis dos portátiles.
Adoitan estar compostos de dous botóns pulsadores (o esquerdo que adoita ser o principal e o dereito que adoita ser secundario) e un terceiro que ademáis de pulsador é unha roda coa que se pode un mover por unha páxina cuxa imaxe sexa maior ao monitor do ordenador. Actualmente moitos inclúen un cuarto botón para ir á páxina anterior ou á seguinte. Os sensores que indican o movemento poden ser: -Roda: É o máis tradicional. Unha esfera que roza coa superficie onde esté o rato envía información do movemento do punteiro en función de como se mova a esfera. -Óptico: Tira fotos cada moi pouco tempo e ao comparar dúas fotos comproba o movemento que levou a cabo o rato, enviando esa información. -Láser: Parecido ao óptico pero ao usar luz láser é moito máis preciso. -Trackball: Baséase no concepto de que o rato non se move, senón que o usuario move unha esfera que se atopa na parte superior do mesmo, de maneira similar ao de roda pero sen necesidade de movelo.
| |||||
Rato común.
Exemplo de rato tipo Trackball.