Do mesmo xeito que se fixo o panel cabeceira, pódese crear un panel para amosar na páxina de inicio e dar un aspecto diferente ao noso sitio web.

  • Neste exemplo créase un mini panel (podería ser outro tipo de panel, pero é unha materia que daría para un curso enteiro) cunha columna soamente.
  • Os contidos que se van engadir son: o bloque de Últimos artigos, o bloque de Últimos elemento da fonte Novas portal edu (engadindo contido tipo Feeds no panel) e un bloque con unhas imaxes enlazadas a distintos sitios.
  • O bloque que se xenera ao crear o minipanel o publicamos na rexión Top content.
  • A plantilla que se usa é 0 Point-Copia 3 que se configura de xeito que se desactiva o nome do sitio e se sube como logo o logo personalizado segundo o Manual de indentidade corporativa que foi creado anteriormente.

Úsase a seguinte configuración:

configuracion temaconfiguracion tema

  • En Administrar » Construción do sitio » Bloques, para o tema 0 Point-Copia 3 desactivamos todos os bloques.

Este seria o seu aspecto inicial:

  • A este minipanel dáselle un estilo:
    • Editar o minipanel e ir a Axustes » Contexto » Layout » Contido.

    • Premer na roda dentada que aparece na imaxe en vermello e na xanela que se amosa premer en Cambiar (se se quere cambiar o estilo de todo o panel, no caso que sóamente se quixera cambiar o estilo dun dos contidos, prémese na roda dentada que está na esquina dereita do contido en cuestion e se fai do mesmo xeito):

      • Outro xeito de facer un cambio de estilo que despois se poda reutilizar para outros paneis e ter un estilo definido para toda a web sería:
        • Ir a Inicio » Administrar » Construción do sitio » Stylizer e premer na xanela Engadir.  Na pantalla que se amosa poñer o Título administrativo e un Nome para poder identificar o estilo.
        • Premer en Continuar
        • En Tipo escoller Panel region se queremos un estilo para todo un panel, e Panel pane se é para un contido en particular. Neste caso escoller Panel region; premer en Continuar.
        • Escoller entre esquinas redondeadas ou Plain. Continuar
        • Na seguinte pantalla escoller as opcións que se desexen, neste caso as que se amosan na imaxe:

estilo panel region

      • Premer en Finish
    • Ahora ao premer en Cambiar, xa se amosa o nome do estilo que se acaba de crear. Escoller, premer en Seguinte e gardar os cambios do minipanel. O resultado será o seguinte:

Última modificación: sábado, 20 de abril de 2024, 5:57 PM