Se non aparece Agregador de novas é que o módulo correspondente está deshabilitado.

Para activalo temos que ir Administración > Construción do sitio > Módulos

Buscar o módulo Aggregator e marcalo. Gardar a configuración

O agregador de novas emprégase para que os usuarios poidan crear un bloque no que aparezan listadas diferentes noticias ou novas.

Un bloque pode conter as noticias ofrecidas por algunha fonte de RSS externa (pero sempre dun dominio de edu.xunta.gal) ou conter os últimos contidos ou novidades destacables da páxina do centro. Neste caso os contidos que aparecen no bloque están asociados ou categorizados nunha categoría que se terá que crear previamente (ruta: Administrar > Administración do contido > Categorías).

Novas do portal educativo
  • Engadir unha nova orixe de novas: Administración > Administración do contido > Agregador de novas, pestana Engadir orixe.
  • No Título poñer Novas Edu e en URL https://www.edu.xunta.gal/portal/rss . Gardar.

Este proceso crea un bloque chamado Últimos elemento da fonte Novas Edu que se pode facer visible desde Administración > Construción do sitio > Bloques.

Novas do centro
  • Crear o menú e a categoría Novas co termo Novas do centro.
  • Esta categoría debe estar incluída no Mapa do sitio (ruta: Administrar > Configuración da páxina > Mapa do sitio).

mapa do sitio

Na mesma páxina na parte de abaixo marcar Novas e cambiar o valor 0 por -1 en Category count threshold (para ver termos aínda que non haxa nada publicado) como se pode ver na imaxe seguinte:

mapa do sitio

Ir a o mapa do sitio desde a pestana dos enlaces primarios, se non está só hai que engadir na url /sitemap (http://www.edu.xunta.gal/centros/cursoXX/sitemap).

Encima da icona de rss clickar co botón dereito e copiar dirección de enlace (será unha url do tipo http://www.edu.xunta.gal/centros/cursoXX/taxonomy/term/37/all/feed). Nun centro real cursoXX será o nome do centro e o número será o id do termo Novas

mapa do sitio

  • Engadir unha nova orixe de novas: Administración > Administración do contido > Agregador de novas, pestana Engadir orixe.

  No Título poñer Novas e en URL o enlace copiado no punto anterior que termina en /all/feed. Gardar.

orixe de novas

  • En Axustes cambiar Elementos amosados nas páxinas de fontes e categorías a 5 elementos. Gardar a configuración.

orixe de novas

Esto xenera de forma automática un bloque que se pode facer visible nunha zona da páxina como calquera outro bloque:

bloque rss

De momento a actualización de elementos hai que realizala de forma manual, ben premendo sobre o enlace "actualizar elementos" ou ben lanzando o cron (opción Lanzar cron do menú Cron).

Última modificación: sábado, 20 de abril de 2024, 5:56 PM