Visualización das imaxes dun álbum de Coppermine con efecto Lightbox nun contido de Drupal
|
|
Consultar a seguinte documentación: Activación e configuración do módulo node_album para acceder ás imaxes dun álbum de Coppermine
Os pasos a seguir en Coppermine son os seguintes:
- Como usuario admin, crear en Coppermine un álbum denominado "Slide" nunha categoría calquera.
- Subir as seguintes imaxes ao álbum "Slide"de Coppermine. Engadir un título e unha descrición a cada unha das catro imaxes.
- orquidea1.jpg (640 × 427 píxeles). Poñer como título "Orquídea 1", descrición (corpo) "Imaxe de orquídea 1".
- orquidea2.jpg (600 x 340 píxeles). Poñer como título "Orquídea 2", descrición (corpo) "Imaxe de orquídea 2".
- orquidea3.jpg (564 × 413 píxeles). Poñer como título "Orquídea 3", descrición (corpo) "Imaxe de orquídea 3".
- orquidea4.jpg (512 × 384 píxeles). Poñer como título "Orquídea 4", descrición (corpo) "Imaxe de orquídea 4".
Os pasos a seguir en Drupal son os seguintes:
- Como usuario admin, activar e configurar o módulo "node_album" de acordo coa documentación.
- Como usuario profe, crear un contido tipo "Album". Poñer como título "Album de o voso nome". No corpo, o texto "Imaxes de orquídeas". En "Escolla un álbum da Galería", seleccionar o álbum "Slide" de Coppermine.
- En "Axustes de ruta URL": orquideas
- Gardar os cambios.
- Comprobar o o funcionamento do slide en Drupal ao premer sobre a imaxe que aparece debaixo do corpo. Podedes ver un exemplo de como debe quedar no seguinte enderezo: http://www.edu.xunta.gal/centros/sitiodemostra/node/20
|
|
Última modificación: sábado, 20 de abril de 2024, 5:51 PM