tarefaCreación de categorías e álbumes públicos e privados. Problemas na subida de arquivos

As imaxes para a realización da tarefa pódense descargar do enlace do curso "Imaxes para a realización das tarefas" deste bloque.


a) Personalización da galería. Creación de categorías. Creación de álbumes públicos de libre visualización

Personalización da galería

Como usuario admin:

  1. Seguindo as instrucións do seguinte enlace, cambiar a descrición da galería no menú Configuración > Configuración xeral > Descrición da galería: modificar para que apareza Galería de imaxes de o voso nome e apelidos. Gardar a nova configuración
  2. Opcionalmente cambiar o tema ou plantilla que da aspecto á galería no menú Configuración > Configuración de Temas. O tema establecido inicialmente é o Curve. Existen 4 temas máis. En calquera caso para a realización do curso empregaremos o tema por defecto: Curve. Podedes consultar como facelo no seguinte enderezo.
Creación de categorías e álbumes públicos
  1. Como usuario admin (Ficheiros > Categorías), crear unha categoría tal e como se explica na documentación.
    • Título da categoría: Curso 2021-22.
    • Descrición da categoría: Imaxes do centro do Curso 2021-22.
  2. No menú Ficheiros > Albums, seleccionar a categoría Curso 2021-22 para crear 2 álbumes cos nomes Magosto e Entroido en dita categoría. (Para crear un álbum, facer click en "Novo álbum" e a continuación escribir o nome do álbum e premer en "Ok". (Podedes ver a documentación de como facelo no seguinte enlace).
  3. Seleccionar o álbum Magosto facendo click sobre el e a continuación premer en Propiedades do álbum:
    • Para especificar que o álbum sexa público (documentación):
      • O álbum pode ser visto por: Todos (álbum público).
      • Protexer con contrasinal este álbum: Non marcar o check
    • Para impedir que outros usuarios distintos ao usuario que creou o álbum podan subir ficheiros no álbum Magosto:
      • Visitantes poden subir ficheiros: Non
    • Adicionalmente permitiremos que os visitantes podan valorar os ficheiros subidos
      • Visitantes poden valorar ficheiros: Simagosto
  4. Repetir o paso anterior para o álbum Entroido coa única diferencia que neste caso os Visitantes non poden valorar ficheiros: Visitantes poden valorar ficheiros: Non.

    entroido
  5. O seguinte paso será subir imaxes aos álbumes creados no paso anterior premendo no botón Subir ficheiro (aquí tedes o enlace coa explicación de como facelo).
    • Seleccionar o álbum Magosto e subir as imaxes 1.jpg e 3.png.
    • De xeito similar, seleccionar o álbum Entroido e subir nel as imaxes 2.jpg e 4.png.
  6. Pechar a sesión e como usuario anónimo comprobar que as imaxes anteriores sexan visibles. Verificar que no álbum "Magosto" é posible valorar as imaxes e en "Entroido" non.
  7. Comprobar o funcionamento do pase manual das imaxes premendo nos botóns "Ver ficheiro anterior" e "Ver ficheiro seguinte" anterior-posterior. (Neste enlace podes ver a información sobre como visualizar as imaxes da galería).
  8. Comprobar o funcionamento en modo Presentación premendo na icona presentacion. (Pódese cambiar o tempo de transición entre imaxes no menú Configuración > Vista de imaxes > Intervalo da presentación de diapositivas - en milisegundos -. Aquí tes o enlace coa explicación de como facelo).

b) Solucionar problemas na subida de arquivos á galería

Coppermine establece por defecto uns parámetros de configuración para os diferentes tipos de arquivos que se poden subir á galería. O incumprimento dalgún deles provocará a aparición dunha mensaxe de erro no momento de subir ficheiros á aplicación. Para solucionar o problema será preciso acceder como usuario administrador e cambiar algún parámetro de configuración. Para explicar este proceso provocaremos un erro concreto a modo de exemplo (podes ver a documentación no seguinte enlace)

Erros asociados ao peso dunha imaxe

Como usuario admin:

  1. Subir ao álbum Magosto a imaxe castanas.jpg que podes descargar do cartafol de imaxes.
  2. Aparecerá unha mensaxe de erro provocada polo exceso no tamaño do ficheiro que se pretende subir.

    erro castañas
  3. O erro anterior ven provocado polo feito de que o ficheiro castanas.png ten un tamaño de 1.4 MB, o que excede o tamaño máximo por defecto configurado en Coppermine. Para solucionar o erro, como usuario admin prememos en Configuración > Configuración de ficheiros > Tamaño máximo dos ficheiros subidos e especificamos por exemplo 4 MB.
  4. Premer en Gardar a nova configuración.

c) Álbumes privados. Restrinxir o acceso a un álbum con contrasinal

Os álbumes privados son aqueles que só poden ser visualizados polo usuario que os crea.

Unha variante intermedia entre álbumes públicos e privados consiste en especificar un contrasinal que haberá que introducir para posibilitar o acceso aos contidos dun álbum.

Transformación do álbum Entroido de público a privado

Como usuario admin:

  1. No menú Ficheiros > Álbums, seleccionar o álbum Entroido e facer click en Propiedades do álbum.
    • O álbum pode ser visto por: Marcar a opción Só eu.
    • Protexer con contrasinal este álbum (Clic si): deixamos o check desmarcado.
    • Gardamos os cambios premendo en Actualizar álbum.
  2. Pechar sesión e comprobar que como usuario anónimo non podemos visualizar agora o álbum Entroido.
  3. Podes consultar a documentación do visto neste apartado no seguinte enlace.

Restrinxir o acceso ao álbum Entroido mediante un contrasinal

Como usuario admin:

  1. No menú Ficheiros > Álbums, seleccionar o álbum Entroido e facer click en Propiedades do álbum.
    • O álbum pode ser visto por: Marcar a opción Só eu.
    • Protexer con contrasinal este álbum (Clic si): marcamos o check.
      • Contrasinal do álbum (Novo contrasinal): Especificamos como contrasinal: coppermine
      • Pista do contrasinal do álbum: Especificamos: A aplicación da galería de imaxes é (minúsculas)
    • Gardamos os cambios premendo en Actualizar álbum.
  2. Pechar sesión e comprobar que como usuario anónimo non podemos visualizar agora o álbum Entroido.
  3. Para posibilitar aos usuarios anónimos a existencia de álbumes privados, como usuario admin deberase marcar a opción Configuración > Vista lista de álbums > Amosar icona de álbum privado a usuarios non acreditados e facer click en Gardar a nova configuración.
    • A partir desde momento os visitantes verán unha icona cun candado indicando que se trata dun álbum privado.
  4. Pechar sesión e comprobar que agora como usuario anónimo aparece o álbum Entroido cun candado. Ao premer sobre el nos pedirá o contrasinal de acceso.
  5. Podes consultar a documentación do visto neste apartado no seguinte enlace.
Última modificación: sábado, 20 de abril de 2024, 5:45 PM