Deseño de cabeceiras personalizadas en Drupal
|
A cabeceira do sitio web está formada por defecto polo logotipo, o nome do sitio, eslogan, etc, cada un deles posicionado segundo a especificación do tema do sitio, que non podemos modificar. Pero é posible deseñar unha cabeceira personalizada na que posicionamos os elementos de acordo a unha serie de layouts. Neste exemplo concreto empregaremos un layout que divide a nosa cabeceira en 3 partes, con porcentaxes de ocupación do 25%, 50% e 25 % respectivamente para cada unha delas. Crearase un bloque en cada unha das tres partes anteriores. O resultado final será un bloque (minipanel) que situaremos na cabeceira. Consultar a documentación: |
|
a) Creación dos bloques de imaxes para a cabeceira
|
Neste punto crearanse os bloques coas imaxes ou textos que se empregarán na nova cabeceira. Os pasos a seguir serían os seguintes:Como usuario admin:
|
|
b) Creación dun minipanel cabeceira
|
Activar os módulos necesarios para crear un minipanel como se indica na documentación Activación do módulo Panels Os pasos a seguir serían os seguintes:Como usuario admin:
NOTA: Hai que comprobar que é visible e que quedou conforme ao noso gusto. Tamén hai que ter en conta que cada plantilla se comporta de xeito distinto, non todas teñen unha rexión Encabezado, nin ocupa o mesmo espazo. Polo que primeiro que temos que facer é escoller a plantilla e crear o noso deseño para esa plantilla en particular. Se se quere modificar algo basta con editar o bloque correspondente (na rexión de desactivados). Pódese ver o resultado final no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/centros/sitiodemostra/cabeceira As imaxes deben tratarse cun editor de imaxes como pode ser Gimp, e unha vez as teñamos ao noso gusto, subilas á páxina web. Se nos interesa que as imaxes teñan o fondo transparente, esas imaxes teñen que ter formato png (o formato jpg non admite esa opción). No caso de especificar un width para as imaxes, é interesante axustar ben o tamaño antes de subilas para que non se deformen en exceso. Dado que a nova imaxe substitúe á anterior cabeceira, é importante desactivar o logo, nome do sitio, eslogan, etc na configuración do tema do noso sitio web... (Administrar » Construción do sitio » Temas) |
|
Envío da tarefa
|
Comproba no teu curso o resultado co tema 0-Point que especificamos cunha regra do Themekey nun apartado anterior http://www.edu.xunta.gal/centros/cursoXX/anpa
|
|
Crear unha cabeceira personalizada para o sitio web