Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. drupal6edit
  3. Tema 4
  4. Creación de contidos II

Creación de contidos II

Requisitos do completado

tarefa

b. Máis aspectos sobre a creación de contidos

Nesta tarefa insertaranse diferentes elementos multimedia e habilitarase a posibilidade de realizar comentarios polo resto dos usuarios ás nosas publicacións.

Drupal permite limitar aspectos como o tamaño ou tipo dos arquivos subidos como adxuntos a un contido. Ademais, de forma predefinida, non está permitida a extensión mp4.

Nesta tarefa hai que subir un ficheiro mp4. Polo tanto:

Na ruta Administrar > Configuración do sitio > Ficheiros cargados. Engadir a extensión mp4 no apartado "Extensións de ficheiro permitidas de xeito predefinido".

Por outra banda, hai que ter presente que os elementos multimedia poden ocupar un espazo de visualización que pode superar a lonxitude dos envíos recortados que por defecto está establecida en 600 caracteres, o que pode provocar que non se visualice o propio elemento multimedia engadido ou afectar incluso a algún outro elemento da páxina.
Por esta razón imos establecer a lonxitude dos envíos recortados a "ilimitado" na ruta "Administrar > Administración do contido > Configuración do artigo"
Podedes consultar máis información no seguinte enlace.

NOTA: unha vez modificada a lonxitude dos envíos recortados, a nova configuración afectará só aos contidos xerados a partir dese momento. Os contidos existentes con antelación ao cambio seguirán coa antiga configuración. Para que un contido xa creado adopte a nova configuración deberase editar e gardar sen necesidade de facer ningún cambio adicional nel.

a) Creación dun contido de tipo páxina con elementos multimedia propios (mp3, mp4) co usuario painai1 (rol anpa)

Os pasos a seguir serían os seguintes:
    1. Como usuario admin, habilitar a extensión de arquivo mp4 e configurar a lonxitude de artigo a ilimitado tal e como se indica na introdución desta tarefa.
    2. Como usuario painai1, crear un contido tipo páxina. Observar que unicamente existe esta posibilidade, xa que o resto foron deshabilitadas nunha práctica anterior (concretamente na tarefa 2, ao crear o rol anpa como duplicado do rol profesorado. Nese momento deshabilitáronse permisos para o rol anpa. Recoméndase revisar a configuración de permisos establecida nesa tarefa).
    3. Observar que a lista de vocabularios para o usuario painai1 do rol anpa unicamente contempla o vocabulario "Departamentos". (Lóxico, pois o rol anpa é un rol duplicado de profesorado e herdou os seus permisos de publicación no vocabulario "Departamentos"). Nesta tarefa faremos varias publicacións con elementos multimedia no menú Departamentos > Historia. Evidentemente, nun sitio real non tería sentido que o rol anpa puidese publicar contidos no apartado Departamentos. Nunha práctica posterior analizarase como establecer esta limitación e como habilitar a publicación unicamente no menú Pais/Nais.
    4. Poñer como Título: Elementos multimedia MP3.
    5. Engadir como ficheiro adxunto o arquivo mp3 do cartafol de prácticas.
    6. No corpo do documento, desactivar o texto enriquecido e copiar o seguinte código HTML 5, substituíndo o texto en azul pola ruta correspondente do arquivo mp3 unha vez subido á nosa web.
      MP3:
      <div align="center"><audio id="player" controls="true"> <source src="http://www.edu.xunta.gal/centros/zonapontevedrad6/aulavirtual2/file.php/3/EURIDICE.mp3" type="audio/mpeg"></source> </audio></div>
    7. Gardar os cambios e observar o resultado da páxina creada.
    8. Crear outro contido tipo páxina e poñer como Título: Elementos multimedia MP4.
    9. Engadir como ficheiro adxunto o arquivo mp4 do cartafol de prácticas. Na introdución da tarefa explícase como engadir o tipo de extensión mp4 ao sitio web.
    10. No corpo do documento, desactivar o texto enriquecido e copiar o seguinte código HTML 5, substituíndo o texto en azul pola ruta correspondente do arquivo mp4 unha vez subido á nosa web. (Ollo cos posibles espazos en branco ou saltos de liña que se podan engadir cando copiamos a url do ficheiro adxunto porque poden dar lugar a comportamentos inesperados na páxina).
      MP4:
      <div align="center"><video width="320" height="240" controls="true"> <source type="video/mp4" src="http://www.edu.xunta.gal/centros/zonapontevedrad6/aulavirtual2/file.php/3/MP4-Insensatez._Tom_Jobim.mp4"></source> O teu navegador non soporta este vídeo. </video></div>
    11. Crear outro contido tipo páxina co Título: Vídeo de youtube
    12. Inserir o seguinte vídeo de youtube mediante o emprego de etiquetas iframe desactivando o texto enriquecido: https://www.youtube.com/watch?v=eYCtrRi39wk. Buscar en youtube a opción Compartir > Insertar, copiar o código que ahí se amosa e pegalo no corpo do contido co texto enriquecido desactivado.
    13. Gardar os cambios e observar o resultado da páxina creada.

NOTA: Como se indicou con anterioridade, os 3 contidos tipo páxina (mp3, mp4 e vídeo de Youtube) deben estar accesibles desde o menú Departamentos > Historia e visualizarse correctamente. No caso de que algún contido non se visualice correctamente, sempre será posible a súa edición desde o menú Administrar > Administración do contido > Contido.


b) Habilitar a posibilidade de comentarios para os nosos contidos

Nesta tarefa habilitarase a posibilidade de que outros usuarios poidan comentar os nosos contidos. A modo de exemplo, permitirase a posibilidade de que os usuarios do rol profesorado poidan permitir comentarios nos seus contidos. Posteriormente accederase co usuario painai1 do rol anpa e comprobarase o seu funcionamento.

Os pasos a seguir serían os seguintes:
    1. Como usuario admin, ir á ruta: Administrar > Xestión de usuarios > Permisos. No "módulo comment":
      • Marcar a opción "administrar comentarios" para o rol profesorado.
      • Desmarcar a opción "publicar comentarios sen aprobación" para os roles "profesorado" e "anpa". Recoméndase facelo así para que os posibles comentarios pasen por un proceso previo de aprobación por parte dun administrador para os comentarios. Co permiso "publicar comentarios sen moderación", os comentarios faríanse automaticamente visibles sen un proceso previo de aprobación, o que non resulta recomendable.
    1. Facer click en "Gardar permisos".
    2. Como usuario profe, editar o contido publicado con anterioridade "Programación de matemáticas". Aparecerá unha nova opción denominada "Configuración dos comentarios", con tres posibilidades:
      • Desactivado.
      • Só lectura
      • Lectura e escritura
    1. Habilitarase a opción "Lectura e escritura", para permitir que o resto dos usuarios con permisos poidan ler os comentarios xa existentes ou escribir novos comentarios.
    2. Gardar.
    3. Observar que agora aparece a posibilidade de "Engadir un novo comentario".
    4. Entrar como usuario painai1 e facer un comentario ao envío. (O usuario painai1 pode facer comentarios por ter habilitado o permiso "publicar comentarios"). Previamente a gardar o comentario aparece a opción vista previa de xeito obrigatorio.
    5. Observar que o comentario non se fai público directamente, senón que se incorpora á cola de moderación.
    6. Entrar como admin na ruta Administrar > Administración do contido > Comentarios e na "Cola de aprobación" aprobar o comentario enviado.
    7. Para habilitar a aprobación de comentarios para o rol profesorado, marcar o permiso "Acceder ás páxinas de administración" no "módulo system"  Administrar > Xestión de usuarios > Permisos. Deste xeito, os usuarios do rol profesorado poderán acceder ao menú Administrar pero só ás opcións para as que teñan permisos (Neste caso, unicamente aos comentarios).

NOTA: A opción por defecto para os comentarios é "Desactivado" porque así está definido na configuración por defecto para os tipos de contido "Páxina". (Ruta Administrar > Administración do contido > Tipos de contido).

RECOMENDACIÓN: Con carácter xeral, para o noso sitio web é moi aconsellable:

  • Non habilitar a posibilidade de enviar comentarios a usuarios anónimos, pois poden enviar comentarios non acordes co que se espera da web dun centro educativo. Ademais, é relativamente sinxelo automatizar o envío de comentarios a través de robots o que pode provocar o colapso do noso sitio web.
  • Empregar sempre a opción "Aprobación de comentarios con moderación", se ben este aspecto supón un traballo extra para os administradores dos comentarios, pois obrigará a revisar os posibles comentarios con certa frecuencia.

c) Creación dun novo bloque

O obxectivo é engadir un novo bloque con imaxes e hipervínculos na barra lateral dereita do noso sitio web.

Realizarase un bloque coas mesmas funcións que o menú "Enlaces de interese" creado xa na tarefa 1b, incorporando os mesmos hipervínculos pero neste caso con imaxes, algo que non é posible cos menús. Ademais, restrinxiremos a visualización do bloque xerado aos usuarios anónimos e aos usuarios do rol anpa.

Por outra banda, no apartado anterior outorgouse permiso de administración de comentarios aos usuarios do rol profesorado. Os usuarios deste rol poden acceder á páxina de administración de comentarios na ruta Administrar > Administración do contido > Comentarios. Pero se non se desexa esta opción, pódese incluír nun bloque un hipervínculo á dirección "www.edu.xunta.gal/centros/cursoXX/admin/content/comment"  que só sexa visible para o rol profesorado e administrador.

Os pasos a seguir serían os seguintes:
    1. Como usuario admin, ruta Administrar > Construción do sitio > Bloques
    2. Aparecerá a lista de bloques e a súa configuración para o tema seleccionado. Facer click en "Engadir un bloque".
    3. Especificar a "Descrición do bloque": Este texto permitirá localizar posteriormente o bloque na páxina de bloques. Poñer "Bloque de enlaces interesantes"
    4. Especificar o "Título do bloque": Será o texto que se amosará ao usuario, semellante en canto a aspecto aos títulos dos menús. Poñer "Enlaces interesantes"
    5. No corpo do bloque incorporar dúas imaxes relativas a websdinámicas e recursos educativos que poderás atopar no cartafol de prácticas e facer os hipervínculos correspondentes.
    6. Introducir un texto "Xestión de comentarios" cun hipervínculo á ruta "www.edu.xunta.gal/centros/cursoXX/admin/content/comment" para poder ter acceso desde este bloque á xestión dos comentarios. (Lembra personalizar XX cos valores correspondentes ao teu curso).
    7. En "Configuración da visibilidade por usuario", marcar  "Os usuarios non poden controlar se ven ou non este bloque"
    8. En "Opcións de visibilidade específicas para cada rol": Marcar os roles aos que desexa amosar unicamente o bloque: administrador e profesorado.
    9. En "Configuración da visibilidade por páxina", marcar "Mostrar en todas as páxinas agás nas listadas".
    10. Facer click en "Gardar o bloque". O bloque así xerado aparecerá inicialmente na rexión de "Desactivado".
    11. Situar o bloque na barra lateral dereita na segunda posición, debaixo do calendario e comprobar o resultado accedendo como usuario anónimo, admin, profe ou painai1.
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle