Creación de contidos I
|
a. Creación de contidosDrupal permite crear diferentes tipos de contidos. No enlace Administrar > Administración do contido > Tipos de contido podemos observar os distintos tipos de contido que permite inicialmente a plataforma, aínda que se poden habilitar máis. Moitos deles (páxina, artigo do blogue, historia) son moi semellantes entre eles, cambiando unicamente as opcións preconfiguradas de inicio cando se fai unha publicación (comentarios permitidos, promocionado ou non á páxina principal, etc). En calquera caso, sempre é posible cambiar a configuración inicial no momento de crear o contido. Tamén é posible crear novos tipos de contido. Os contidos de tipo evento permiten xerar unha entrada no calendario da web. No día especificado para o evento habilitarase un hipervínculo coa información correspondente ao contido. Con carácter xeral, á hora de crear un contido haberá que especificar de xeito obrigatorio o título, que actuará como hipervínculo, e o corpo, que conterá a información propiamente dita. Ademais, aparecerán un conxunto de vocabularios que teñen o mesmo nome que os menús situados nas barras laterais esquerda e dereita do noso sitio web. Ao despregar cada un dos vocabularios aparecerán os termos (submenús) dispoñibles na nosa páxina. Esta opción permitiranos publicar un contido no termo elixido. Nun apartado posterior do curso, adicado ás taxonomías, explicarase como xestionar os vocabularios e os menús. Unha vez se almacena un contido en Drupal convírtese automaticamente nun "nodo" e recibe un número natural único de identificación na plataforma. A URL de acceso a calquera contido en Drupal será do tipo: www.edu.xunta.es/centros/cursoXX/node/nº-identificación-do-nodo Coa configuración inicial dos sitios web, unicamente os usuarios administradores disporán das "Opcións de Publicación", que permiten:
Nesta tarefa publicaranse contidos de tipo páxina e evento, e analizarase o comportamento da plataforma en función do rol do usuario que fai a publicación. |
|
a) Edición dun contido xa creado co usuario admin: Personalización da páxina de benvida do centro
|
Personalizaremos a páxina de benvida do centro incorporando unha imaxe. Os pasos a seguir serían os seguintes:
|
|
b) Creación dun contido tipo páxina co usuario admin (rol administrador)
|
Imos publicar un contido no submenú O centro > Localización coa xeolocalización do noso centro educativo a través de GoogleMaps. Os pasos a seguir serían os seguintes:
NOTA: como usuario admin, está dispoñible a opción "Configuración do menú". Esta opción permite xerar un hipervínculo ao contido creado mediante un elemento de menú estático (submenú) no menú especificado, cun efecto idéntico ao traballado na tarefa 1b. (Os nomes dos menús aparecen entre os símbolos <>). Non convén abusar desta opción. É moi importante decatarse que o elemento de menú así creado non permite facer publicacións de ningún tipo de contido dentro del como acontecía co resto dos vocabularios. Simplemente actúa como hipervínculo dentro do menú ao contido. |
|
c) Creación dun contido tipo páxina con imaxes, hipervínculos e ficheiros adxuntos co usuario profe (rol profesorado)
Os pasos a seguir serían os seguintes:
NOTA: Drupal permite limitar aspectos como o tamaño ou tipo dos arquivos subidos como adxuntos a un contido na ruta Administrar > Configuración do sitio > Ficheiros cargados. |
|
d) Creación dun contido tipo evento co usuario profe (rol profesorado)
Os pasos a seguir serían os seguintes:
|
|
